Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra participa en Gastrónoma (Valencia) con 13 referencias de viño no “Túnel do Viño”

27/10/2025

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra estivo presente os días 26 a 28 de outubro na feira Mediterránea Gastrónoma, que se celebra en Feria Valencia.

Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da hostalaría, tanto a nivel nacional como internacional, con espazos dedicados a produtos, formación, experiencias de viño e contacto directo entre produtores, distribuidores e profesionais do canal horeca.

A D.O. Ribeira Sacra participou no evento dentro do formato expositivo “Túnel do Viño”, con 13 referencias seleccionadas, co obxectivo de facilitar a degustación e a promoción dos viños elaborados baixo esta denominación.

Durante a feira, a Directora Técnica do Consello Regulador, Beatriz Soto González, atendeu ás persoas visitantes profesionais, ofrecendo información detallada sobre as particularidades dos viños da D.O. Ribeira Sacra, así como do territorio vitícola que os sustenta.

Ademais, no marco da feira, realizáronse dúas presentacións específicas, de 45 minutos cada unha, dirixidas a 24 consumidores finaispor sesión:

  • 26 de outubroCata Degustación de Viños da D.O. Ribeira Sacra, en colaboración con Daveiga. Esta actividade foi impartida pola directora técnica, Beatriz Soto González, e nela presentáronse os valores da denominación: a súa tradición vitícola, as condicións de produción, e pechouse cunha cata comentada das seguintes referencias:
    • Tinto Ribeira Sacra Summum (colleita 2024)
    • Branco Ribeira Sacra Summum (colleita 2024)
    • Tinto Ribeira Sacra Summum (mención elaboración en barrica)
  • 27 de outubroGalicia Sabe AMAR: Mexillón de Galicia, en colaboración coa DOP Mexillón de Galicia. Esta sesión foi impartida polo chef Marcos Cabanas, do Restaurante El Olivo (Narón, A Coruña).
Con esta iniciativa, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra busca reforzar a súa presenza en feiras especializadas, estreitar vínculos con distribuidores e prescritores do sector, e achegar a súa oferta vitícola a un público especializado que valora a singularidade e a calidade dos viños desta denominación.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.