Imprimir y PDF

A Ribeira Sacra entrega os galardóns do Mondial des Vins Extrêmes 2025 nunha comida de confraternización

22/12/2025

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebrou este venres un encontro que serviu tamén para facer entrega oficial dos galardóns obtidos no Mondial deas Vins Extrêmes 2025, certame internacional de referencia en viticultura heroica celebrado os días 20 e 21 de setembro en Aosta (Italia).O acto tivo lugar no Iberik Augas Santas Balneario & Golf, no municipio de Pantón (Lugo). Durante a celebración, Antonio Lombardía, presidente do Consello Regulador, realizou unha recapitulación do ano, repasando as principais accións levadas a cabo pola denominación de orixe e adiantando algunhas novidades relevantes previstas para 2026. Posteriormente, quixo recoñecer publicamente o traballo das adegas premiadas, que situaron novamente á Ribeira Sacra entre os territorios vitivinícolas máis destacados a nivel internacional.
 Nesta edición do certame, os viños da Ribeira Sacra obtiveron un total de 17 galardóns, entre Gran Medallas de Ouro e Medallas de Ouro, confirmando a calidade, singularidade e proxección exterior dunha denominación marcada polo cultivo en pendentes extremas. Os galardóns obtidos no Mondial des Vins Extrêmes 2025 foron:Gran Medallas de Ouro

  • Godello Don Cosme 2024 — EDV 2015 SLU (Quiroga)
  • Mencía Matilda Nieves 2024 — Rectoral de Amandi (Sober)
  • Mencía Cividade 2024 — Adega Verao (Sober)
Medallas de Ouro
  • Vía Romana Añada Mencía 2024 — Adega e Viñedos Vía Romana (Chantada)
  • Mencía Batanero 2022 — Pazo de la Cuesta (Ribas de Sil)
  • Godello 1904 2022 — Adega Vella (Ourense)
  • Mencía Almanova 2024 — Alma das Donas (Pantón)
  • Godello Almalarga 2024 — Alma das Donas (Pantón)
  • Mencía Don Bernardino 2024 — Don Bernardino (Sober)
  • Mencía Don Bernardino 4ª Xeración 2020 — Don Bernardino (Sober)
  • Godello Don Bernardino 2024 — Don Bernardino (Sober)
  • Godello 2024 — Regina Viarum (Sober)
  • Mencía 22º 2023 — Alouviño (Sober)
  • Godello 2019 — Alvaredos-Hobbs (Alvaredo)
  • Mencía Promine Singular 2024 — Bodegas Petrón (Doade – Sober)
  • Mencía Viña Vella 2024 — SAT Virxen dos Remedios (O Saviñao)
  • Mencía Cárcava 2024 — Viñedos Zarzagal (Monforte de Lemos)


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.