Imprimir y PDF

13 premiados no Mondial des Vins Extremes

23/07/2018

Os viños da D. O. Ribeira Sacra que se presentaron ao vixésimo sexto Concurso Internacional  “Mondial deas  Vins Extremes” organizado polo  CERVIM do 12 ao 14 de xullo en Val d´ Aosta (Italia) regresan á súa terra cargados de premios.

Se a edición do pasado 2017 xa fora un éxito para os nosos viños, esta de o 2018 supón a consolidación e o recoñecemento  da D. O. Ribeira Sacra no panorama vinícola internacional.

En total cultiváronse 13 medallas o que supón un aumento notable con respecto ao ano anterior sobre todo tendo en conta que ao certame presentábanse un total de 720 viños, provenientes de 277 produtores de 19 países diferentes, das cales, 58 mostras procedían das nosas adegas.

A Cerimonia de Entrega de Premios terá lugar no Palazzo  Madama de  Turín o 23 de setembro.

Os viños con D.O. Ribeira Sacra que resultaron galardoados son os seguintes:  


CATEGORIA VIÑOS BRANCOS:

Medalla de Ouro       
ALMALARGA– 2017 Alma das Donas – Pantón -         
VIÑA VELLA – 2017 S.A.T. Virxen dos Remedios – O Saviñao -         
MAGA – 2017 Karma do Sil S.L.U. – Monforte de Lemos  

Medalla de Prata        
VIÑA GAROÑA– 2017  Adegas Viña Garoña S.L. – Chantada -         
CONDADO DE SEQUEIRAS BRANCO– 2017  Grupo Peago SL– Bilbao  

CATEGORIA VIÑOS TINTOS:

Medalla de Ouro 
      
VIÑA MEZQUITA – 2017  José Manuel Vidal López – Sober -         
VIA ROMANA – 2016 Adega Via Romana – Chantada Medalla de Plata -         

Medalla de Prata
VAL DA LENDA
– 2017 Victor Manuel Rodríguez López – Sober -         
ESTRELA – 2017 D´Fran, S.C. – Sober -         
TEAR – 2017 Adega Tear – Sober -         
SABATELIVS – 2017 Adegas e Viñedos Lareu S.L. – Chantada  

CATEGORIA VIÑOS TINTOS AÑADAS 2015 E ANTERIORES:

Medalla de Ouro:
REGINA EXPRESION2014 Regina Viarum S.L-– Sober

Medalla de Prata  
     
ALMAMADRE – 2015  Alma das Donas – Pantón  


O  Mondial deas  Vins  Extrêmes, organizado polo  CERVIM (Centro de Investigación, Estudos, Protección, Coordinación e Valorización da Viticultura de Montaña) é o concurso enolóxico máis importante a nivel mundial, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos heroicos (terrazas ou terreos con máis do 30% de declive ou altitude superior a 500 metros  s. n.m. ou das pequenas illas).

Quere promover e  valorizar a produción enolóxica desas terras que se caracterizan polas dificultades estruturais, pero tamén por viños singulares que teñen unha personalidade extraordinaria.

O seu obxectivo é salientar as características únicas deses produtos así como dar a coñecer aos consumidores os aspectos culturais da viticultura de montaña e o valioso traballo que os viticultores fan para a  salvaguardia do territorio e o medio ambiente e para que os consumidores mesmos poidan apreciar todo isto.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.