Imprimir y PDF

Ribeira Sacra triunfa en Euskadi

22/08/2018

A “ Irmandade de Centros Galegos en Euskadi” celebrou outro ano máis, a cata-concurso na que participaron viños representativos das 5 denominacións de orixe galegas.  

O xurado formado por membros da Asociación de Euskadi de Catadoras –  Euskadiko  Sumillerren  Elkartea, cualificaron e galardoaron como mellores viños tintos de Galicia aos elaborados por tres adegas pertencentes a D.O. Ribeira Sacra.

Os premios entregáronse de mans da Presidenta da “ Irmandade de Centros Galegos en Euskadi” Pilar Rodríguez Villar e do organizador das catas-concurso, José David Fidalgo Fidalgo.  
O xurado outorgou na  XVIII Cata–Concurso de “ VIÑOS TINTOS  GALEGOS” celebrada en  Laudio- Llodio (Áraba) os seguintes galardóns:
   
1º CLASIFICADO: -        VIÑA PEÓN 2017, Adega Ernesto Rodríguez Pérez. Sober (LUGO)
2º CLASIFICADO: -       CASA MOREIRAS 2017, Adega Casa Moreiras. Pantón (LUGO)
3º CLASIFICADO: -       MARQUÉS DE  GAROÑA 2017, Adega  Viña  Garoña. Chantada (LUGO)    

A casa de Galicia en Bilbao tamén acolleu a organización das catas dos viños brancos galegos, na que un  godello da D.O. Ribeira Sacra obtivo o seguinte recoñecemento:  

ACCESIT -        VIÑA  GAROÑA 2017,  godello.  Adegas  Viña  Garoña. Chantada (LUGO)            

Estes galardóns veñen reafirmar os recentes éxitos alcanzados polos viños con D.O. Ribeira Sacra, como é o caso da cualificación obtida na Guía Peñín, unha das publicacións máis prestixiosas de España, que posicionou aos viños da D.O. Ribeira Sacra como os mellores valorados de Galicia.  

Outros dos galardóns obtidos polos viños de Ribeira Sacra, foi no maior certame Internacional de Viños de España e Portugal,  VinDuero- VinDouro. Dous viños con D.O. Ribeira Sacra obtiveron a medalla de ouro e a de prata. O ouro correspondeu a “Alma das Doas 2017” valorado con 91,00 puntos. A medalla de prata foi concedida a “ Cruceiro 2017” de Ramón Marcos Fernández con 85,17.    

Os viños con D.O. Ribeira Sacra continúan obtendo importantes recoñecementos tanto a nivel nacional como internacional e ano tras ano cultivan éxitos nunha progresión constante froito do traballo común dun colectivo formado por viticultores e adegueiros aos que se suma as políticas de promoción, control e mellora de calidade levadas a cabo polo @Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra.  

Ribeira Sacra, como territorio singular e terra vinculada a unha tradición vitivinícola milenaria, fan que ese coñecemento ancestral, convertido en sabedoría, grazas a unha xeración de viticultores e adegueiros que creron na súa terra e foron capaces de imaxinar e soñar un futuro mellor. A confianza e a crenza nas súas posibilidades á que hai que sumar un coñecemento convertido en sabedoría que souberon transmitir xeración a xeración. Isto, está a posibilitar que os viños da D.O. Ribeira Sacra gocen dun maior recoñecemento e prestixio internacional.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.