Imprimir y PDF

por Gerry Dawes. Decanter

Viños con terroir en Galicia

24/11/2008

O chan de Galicia, o clima atlántico, os mesoclimas variados da montaña e da costa, as variedades únicas da uva, e os viticultores individuais (moitos deles mulleres) son importantes na realización dunha gran diversidade dos tipos de branco e convidan á comparación cos Viños franceses. Potencialmente estes viños brancos galegos feitos nas Denominacións de Orixe (ou D.O.s o equivalente en España do Appelations dOrigine Contrôlée en Francia ou o AOCs) Monterrei, Valdeorras, Ribeira Sacra, Ribeiro, e a máis coñecida de todas, Rías Baixas, poden estar á altura dos viños do Val do Loira, de Alsacia, e incluso de Borgoña en Francia.

Ribeira Sacra probablemente é a rexión vitícola máis fermosa do planeta. Los produtores aquí están comenzando a emerxer,a maior parte dos viños son tintos. Dependendo da área específica dentro de Ribeira Sacra, algúns viños teñen o potencial de grande Borgoña mentres que outros son evocadores do mellor Cabernet-base dos viños do Loira. Os brancos fanse de uva Godello, cultivada nesta mesma pizarra e esquisto, e o seu potencial é incríble. Una botella de Pena Das Donas, Alma Larga Godello, aínda que estaba en fase de creación cabe preguntarse cando esté rematado se conseguirá ser un viño branco con tan incríble terroir, cun final coma un cru Borgoña magnífico.
Na actualidade a maioría dos compradores americanos de viño e os consumidores son ben conscientes da calidade de Rías Baixas Albariños, ata o punto de que Estados Unidos se convertiu no mercado de exportación máis grande da rexión. Pero poucos restauradores e clientes son conscientes de que os brancos de calidade mundial agardan a entrada do viño galego en escena. Roger Kugler, responsable do viño nos restaurantes Suba e Boqueria de Nova Iorke, asegura, ??Valdeorras, Monterrei, Ribeiro, e Ribeira Sacra non teñen aínda o recoñecemento ou a identidade da que goza Rías Baixas, polo que os clientes teñen que ser levados a eses viños. Ribeira Sacra, por exemplo, é unha das rexións máis emocionantes que acaba de saír á luz. Os viños teñen xa unha identidade clara (este é o terroir que marca a diferencia). Incluso elaboran viños contradicindo a lóxica (Godellos criados en carballo, por exemplo) que foron interesantes. Esta pode ser a próxima gran rexión vitícola do mundo?


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.