Imprimir y PDF

A D.O. pecha un dos anos de máis actividade.

No 2008 a Denominación de Orixe Ribeira Sacra traspasa fronteiras

10/12/2008

O 2008, que está a piques de rematar, deixa na Denominación de Orixe Ribeira Sacra, un excelente sabor de boca. Cabe sinalar o ter acollido o II Congreso Internacional de Viticultura de Montaña e en Forte Pendiente. A celebración do Congreso supuxo un espaldarazo importante para a D.O. á hora de darse a coñecer. Daquela aseguraba o Presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez ??xa non fai falta explicar quenes somos e onde estamos?. O Congreso puxo a Ribeira Sacra no mapa da investigación en Europa, dentro do sector vitivinícola. Supuxo unha promoción extraordinaria para a zona e a denominación. Ribeira Sacra convertiuse nun referente mundial da Viticultura de Montaña. Participaron do Congreso máis de 200 persoas vidas de distintos puntos de España, pero tamén doutros países de Europa, de EEUU e Sudáfrica.

O Congreso servía ao mesmo tempo para insistir na necesidade de preservar un modelo vitivinícola baseado nunha oferta singular e de calidade. O Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, que acudía ao Congreso, aseguraba que a viticultura de montaña crea paisaxes de grande valor, favorece o desenvolvemento rural e supón un grande reclamo turístico.

Por esas mesmas datas a Denominación de Orixe Ribeira Sacra traspasaba fronteiras gracias ao Congreso e tamén gracias ao crítico estadounidense Robert Parker, xa que dous viños deta D.O. obtiñan unha elevada puntuación, Algueira barrica (Adega Algueira, S.L.) e El Pecado (adega Pedro Manuel Rodríguez Pérez). Ademáis de Robert Parker, outros nomes extranxeiros comenzaron a falar de Ribeira Sacra. Foi o caso de Eric Solomon Selections, empresa de distribución de marcas españolas en EEUU. O catador de Eric Solomon, Daniel González, que catou os caldos da D.O. no Parador de Turismo de San Vicente, aseguraba ??en EEUU triunfan os viños por calidade e personalidade, Ribeira Sacra ten un bo viñedo e terreno con moita personalidade, que é o máis difícil de sacarlle á uva, polo tanto ten a base para acadar o éxito?

A Denominación de Orixe estaría tamén en boca de xornalistas extranxeiros como John Radford ou Gerry Dawes, este último afirmaba nunha publicación sobre os viños con terroir en Galicia que Ribeira Sacra é quizáis a rexión vitícola máis fermosa do planeta.

Estes datos avalan o traballo feito e son froito do esforzo da D.O. e das súas adegas, que dende hai anos se esforzan por consolidarse dentro das fronteiras e tamén por saír cara o extranxeiro. A exportación de viños da D.O.R.S. ao extranxeiro está en constante aumento e reciben satisfactoriamente os viños de Ribeira Sacra, países como EEUU, Suiza, China, Xapón e Méjico. O 7% da produción desta D.O. adícase á exportación e cada vez son máis adegas as que destinan unha partida da súa produción a este fin.

O contacto co extranxeiro e tamén co público de Galicia e de España faise, asemade coa participación en feiras. A Denominación de Orixe acudiu coma tódolos anos a citas de referencia que supoñen abrir novos mercados, fidelizar clientes e conseguir novos distribuidores e importadores. Falamos de Alimentaria en Barcelona, Gourmets en Madrid, Salón de Viños e Augardentes de Galicia na Coruña, Salimat en Silleda ou Xantar en Ourense. Este ano cabe facer fincapé en Vinis Terrae, o primeiro salón do viño e licores de calidade, unha iniciativa que pretende achegar estos produtos a mercados nacionais e internacionais, así estiveron representados ata 17 países. A Denominación de Orixe Ribeira Sacra acudía a esta cita e o mesmo facían outras adegas da D.O. a nivel particular.

Coincidindo con Vinis Terrae levouse a cabo unha misión inversa de xaponeses. Unha delegación nipona visitou varias adegas e viñedos da Ribeira Sacra, as expectativas xeradas pola visita foron moi positivas. En Xapón dan moita importancia ao marketing e Ribeira Sacra conta cunha ventaxa fonética para introducir os seus caldos en Xapón, a árbore nacional dos japoneses chámase SACURA, a similitude con SACRA será beneficiosa para introducir os caldos da Ribeira Sacra.

Ademáis das feiras é importante para promocionar os viños e ter unha valoración sobre eles a participación en catas e concursos. Ribeira Sacra acudiu unha vez máis a Aosta, ao Concurso Internacional de Viños de Montaña, traendo para Galicia excelentes resultados con 4 viños premiados e unha mención especial.

Na Cata dos Viños de Galicia este ano creábase unha nova categoría, ??Viños de Colleiteiro? e dos tres premios que había, dous recaeron en Ribeira Sacra. O carácter itinerante de esta cata fixo que nesta ocasión recaese en Ribeira Sacra o ser sede da celebración da cata e a entrega dos premios.

Non faltou a D.O. ao Día de Galicia en Euskadi coa cata Concurso de Tintos Galegos. Dos tres tintos de Galicia mellor valorados, os dous primeiros eran de Ribeira Sacra.

Nas catas da Asociación de Sumillieres Gallaecia Ribeira Sacra obtivo tamén un bo botín, con viños moi ben puntuados en brancos, en tintos e en barrica. José Peñín que recentemente sacaba á luz a guía na que se referencian, con carácter anual, algúns dos mellores viños de España, situaba entre os elexidos a varios Ribeira Sacra, sobresaíndo novamente os barrica.

Ademáis destas e outras catas e concursos Ribeira Sacra celebrou as súas catas anuais (a maiores das catas internas de carácter periódico), a XIV mostra dos viños da Ribeira Sacra que incorporaba unha nova categoría, viños de barrica, deixando constancia da importancia que estes caldos están acadando dentro da D.O. e a Cata de Calificación da Colleita 2007 que se celebrou no Parador de Santo Estevo e que arroxou como resultado que a colleita era MOI BOA.

O ano deixa outro tipo de actividades. A Denominación continuou asistindo a escolas de hostalería e institutos con ciclos formativos relacionados coa restauración e as industrias agrarias e alimentarias. Os centros con este tipo de ensinanzas demandan do Consello información sobre a D.O. que se imparte a través de charlas. O Consello xunto co FEUGA organizou diversas actividades ao longo do ano relacionadas coa innovación vitivinícola. Financiáronse becas en cursos da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, o Consello estivo representado na celebración de Congresos e Xornadas relacionadas coa viticultura, asináronse convenios con distintas entidades co obxecto de beneficiar a adegueiros e viticultores,???.

E no medio dun ano de intensa actividade chegou a vendima. O 25 de setembro iniciábase de forma oficial, ainda que dende o 16 de setembro fixéronse vendimas puntuais naquelas parcelas que presentaban unha maduración óptima. Unha vendima que deixaba finalmente unha colleita satisfactoria, 4 millóns de kilos de uva recollidos e unha moi boa calidade de uva. Rematou o 17 de outubro.

Hai outro elemento fundamental que completa o ano da Denominación de Orixe Ribeira Sacra: a creación da Ruta do Viño, que comenzaba a andar este ano a nivel organizativo. Persegue que o enoturista se achegue, non só ao viño desta terra, senon tamén á gastronomía, a tradición, a paisaxe, a arquitectura,?.O viño configúrase, deste xeito, como un elemento unificador da zona e un medio para dala a coñecer. A través do viño pódense potenciar outros recursos, mellorar a oferta turística actual, xerar emprego e posibilitar ingresos engadidos aos axentes implicados.

A piques de rematar o 2008, un ano no que os viños de Ribeira sacra triunfaron no mercado en canto a ventas, queda unha única cita institucional a comida anual que a Denominación celebra con membros relacionados co sector vitivinícola e que se aproveitará para entregar, como en anos anteriores, os premios acadados en Aosta. Será o día 12 deste mes pouco antes das 14:00 no Parador de Turismo de Monforte de Lemos.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.