Imprimir y PDF

Os godellos de Ribeira Sacra son case un perfume

O xornalista británico Harold Heckle cata godellos na D.O. Ribeira Sacra

15/01/2009

Harold Heckle leva 8 anos como corresponsal en España de Associated Press e ven sendo crítico de viño dende 1985, colaborando con revistas como Decanter, Wine ou Wine and Spirit International. Nesta ocasión está preparando un artigo para a revista Spain Gourmetour, publicación do ICEX (Instituto Español de Comercio Exterior), unha revista profesional de carácter internacional que ten moita repercusión en países como EEUU, Reino Unido ou Alemania. A revista distribúese entre a industria do viño, hostelería e restauración e nesta ocasión o tema protagonista é o godello.
Harold Heckle visitou as adegas Pena das Donas e Dominio do Bibei. Na nova sala de catas do Consello Regulador, catou 11 godellos presentados polas adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Asegura o xornalista británico que o godello é un branco cargado de suavidade e aromas sutiles, cunha acidez moi redonda e especial, de frescura grande. Harold Heckle contacta coa uva godello despois de que o escritor holandés Hubrecht Dijker lle advertira hai 20 anos de que unha das sorpresas vitícolas de Europa era a uva godello. Dende ese momento foi entrando en contacto con ela e hoxe afirmaba cuestións como: â??Os brancos son a grande asignatura pendiente de España a nivel de consumo, non se valoran o suficiente. O español ten que enamorarse dos viños brancos que ten, e os mellores están en Galiciaâ?� â??O godello ten o seu mellor momento ao final do primeiro ano en botella, frente ao albariño que gaña cos anosâ?�. Harold Heckle asegurou dos godellos catados en Ribeira Sacra que eran fantásticos, fenomenais, â??casi un perfume elaborado coas uvas nas condicións óptimas para ser embotelladasâ?� que había que promocionar máis os brancos en todas as D.O. porque do contrario en España somentes quedarían tintos.
O británico comenzou a escoitar falar da Denominación de Orixe Ribeira Sacra a comenzos do 2000 nunha feira de viños, daquela o primeiro viño que coñeceu desta D.O. foi un tinto. Asegura que dende aquela ata hoxe se fixo unha extraordinaria laboura e que os viños están mellorando ano a ano. A nivel xeral Harold Heckle facía varias valoracións sobre o mundo do viño, segundo el, a maior parte das inversións fanse en adegas e considera que o primordial é o viñedo. A este respecto asegura que en Ribeira Sacra se se coida a cepa, coa mestura de climatoloxía e chan dos que dispón, pódese acadar o terroir do que falan os franceses e que aquí coñecemos máis como terruño. â??Somentes hai que coidar as formas para extraer un viño realmente especial e nesta tendencia está Ribeira Sacraâ?�
De cara ao mercado internacional, considera Harold Heckle que Ribeira Sacra ten dúas ferramentas básicas, o godello e a mencía. Considera que as variedades son as que mandan no extranxeiro e a calidade destas dúas está traspasando fronteiras. Entende tamén que o futuro da exportación de viño para esta D.O. pode estar en EEUU â??Un grande mercado virxe no que escribir as reglas doutro xeitoâ?�.
O xornalista británico tamén está a preparar un libro sobre as rutas do viño de España, a ruta de Ribeira Sacra aparecerá referenciada dentro das propostas galegas. Haberá que esperar, posiblemente, ata finais de ano, ata que a publicación vexa a luz.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.