Harold Heckle leva 8 anos como corresponsal en España de Associated Press e ven sendo crítico de viño dende 1985, colaborando con revistas como Decanter, Wine ou Wine and Spirit International. Nesta ocasión está preparando un artigo para a revista Spain Gourmetour, publicación do ICEX (Instituto Español de Comercio Exterior), unha revista profesional de carácter internacional que ten moita repercusión en países como EEUU, Reino Unido ou Alemania. A revista distribúese entre a industria do viño, hostelería e restauración e nesta ocasión o tema protagonista é o godello.
Harold Heckle visitou as adegas Pena das Donas e Dominio do Bibei. Na nova sala de catas do Consello Regulador, catou 11 godellos presentados polas adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Asegura o xornalista británico que o godello é un branco cargado de suavidade e aromas sutiles, cunha acidez moi redonda e especial, de frescura grande. Harold Heckle contacta coa uva godello despois de que o escritor holandés Hubrecht Dijker lle advertira hai 20 anos de que unha das sorpresas vitícolas de Europa era a uva godello. Dende ese momento foi entrando en contacto con ela e hoxe afirmaba cuestións como: ??Os brancos son a grande asignatura pendiente de España a nivel de consumo, non se valoran o suficiente. O español ten que enamorarse dos viños brancos que ten, e os mellores están en Galicia? ??O godello ten o seu mellor momento ao final do primeiro ano en botella, frente ao albariño que gaña cos anos?. Harold Heckle asegurou dos godellos catados en Ribeira Sacra que eran fantásticos, fenomenais, ??casi un perfume elaborado coas uvas nas condicións óptimas para ser embotelladas? que había que promocionar máis os brancos en todas as D.O. porque do contrario en España somentes quedarían tintos.
O británico comenzou a escoitar falar da Denominación de Orixe Ribeira Sacra a comenzos do 2000 nunha feira de viños, daquela o primeiro viño que coñeceu desta D.O. foi un tinto. Asegura que dende aquela ata hoxe se fixo unha extraordinaria laboura e que os viños están mellorando ano a ano. A nivel xeral Harold Heckle facía varias valoracións sobre o mundo do viño, segundo el, a maior parte das inversións fanse en adegas e considera que o primordial é o viñedo. A este respecto asegura que en Ribeira Sacra se se coida a cepa, coa mestura de climatoloxía e chan dos que dispón, pódese acadar o terroir do que falan os franceses e que aquí coñecemos máis como terruño. ??Somentes hai que coidar as formas para extraer un viño realmente especial e nesta tendencia está Ribeira Sacra?
De cara ao mercado internacional, considera Harold Heckle que Ribeira Sacra ten dúas ferramentas básicas, o godello e a mencía. Considera que as variedades son as que mandan no extranxeiro e a calidade destas dúas está traspasando fronteiras. Entende tamén que o futuro da exportación de viño para esta D.O. pode estar en EEUU ??Un grande mercado virxe no que escribir as reglas doutro xeito?.
O xornalista británico tamén está a preparar un libro sobre as rutas do viño de España, a ruta de Ribeira Sacra aparecerá referenciada dentro das propostas galegas. Haberá que esperar, posiblemente, ata finais de ano, ata que a publicación vexa a luz.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España