Os Consellos Reguladores de Galicia celebran anualmente un xantar de confraternidade, o anfitrión, por terceira vez, foi o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. A cita foi este venres na adega Regina Viarum, en Doade.
Estaban convidados representantes de todas as D.O. galegas: Rías Baixas, Monterrei, Ribeiro, Valdeorras, Viños da Terra, Lacón Galego, Tenreira Galega, Arzúa-ulloa, Cebreiro, Queixo Tetilla, San Simón da Costa, CRAEGA, Pan de Cea, Faba de Lourenzá, Mel de Galicia, Pataca de Galicia e Augardente de Galicia. Contouse coa presencia tamén de representación da Consellería do Medio Rural e da Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España