"Distincións Gallaecia" para Ribeira Sacra
06/09/2018
Organizado por Gallaecia, Asociación de Catadores de Galicia, nesta XX edición participaron 645 viños das Denominacións de Orixe de Galicia.
Na precata, que tivo lugar na sede do Consello Regulador en Monforte de Lemos o pasado 27 de xuño, xa se auguraban uns bos resultados para as mostras presentadas que, sen dúbida, víronse superados á luz dos resultados obtidos.
O luns día 3 de setembro tivo lugar a cata final, na que foron premiadas un total de 68 marcas das cales 11 pertencen á D.O. Ribeira Sacra. De entre estas, os tintos mellor recoñecidos foron:
- Adega Vella (Jorge Feijoo González)
- A Rosa do Viño ( Adegas Moure)
- Algueira Serradelo ( Algueira)
- Cruceiro Rexio (Ramón Marcos Fernández)
- Finca Míllara (Leira Míllara)
- Marqués de Garoña ( Viña Garoña)
- Regina Expresión ( Regina Viarum)
- Regina Viarum ( Regina Viarum)
Doutra banda, na categoría de viños brancos, a D.O. Ribeira Sacra foi merecedora doutras tres distincións que demostran o crecente recoñecemento dos brancos elaborados ao amparo da Denominación de Orixe:
- Adega Vella (Jorge Feijoo González)
- Condado de Sequeiras (Grupo Peago)
- Viña Vella ( Virxen dous Remedios)
Un novo recoñecemento ao traballo ben feito por parte dos viticultores e adegueiros, que sen dúbida anima a seguir traballando na mesma liña de excelencia.