Imprimir y PDF

Obxectivo: mellorar a xestión do potencial vitícola

Reserva Galega de Dereitos de Plantación de Viñedo

05/02/2009

A Consellería do Medio Rural ven de aprobar o decreto de creación da reserva autonómica de dereitos de plantación de viñedo en Galiza. Constituirán a reserva, os dereitos non utilizados polos seus titulares nos prazos establecidos e os xerados nas superficies de viñedo abandonado. Os dereitos de plantación que integren a reserva xestionaraos a Xunta e asignáranselle ás parcelas destinadas á produción de viño con D.O. ou Indicación Xeográfica Protexida.
Os dereitos de plantación concederanse por convocatoria pública, tendo prioridade @s moz@s, agricultores a título principal, mulleres, membros de cooperativas agrarias ou os viñedos que se vaian adicar a produción ecolóxica.
A posta en marcha desta reserva galega de dereitos de plantación de viñedo pretende mellorar a xestión do potencial vitícola, evitar a súa perda e favorecer o uso axeitado dos dereitos entre os solicitantes.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: