Imprimir y PDF

Inicio de vendima en Ribeira Sacra

11/09/2018

“Adega Algueira S. L.” situada no concello de Sober na subzona de Amandi foi a primeira adega que comunicou que inicia a recollida de uva na Denominación de Orixe, iniciándose así a campaña 2018.
Esta adega empezará coa recollida de uva en parcelas determinadas, nas que o estado da uva está óptimo para a súa recollida.
Os técnicos do Consello Regulador durante dúas semanas estiveron efectuando os controis de maduración en parcelas representativas das cinco subzonas da Denominación de Orixe. Os resultados destes controis axudaran a establecer unha data oficial recomendada para o inicio xeneralizado da campaña de vendima 2018 no territorio da Denominación de Orixe.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: