Imprimir y PDF

A cata celebrouse na Igrexa de Santo Estevo de Ribas do Miño

Ribeira Sacra califica a colleita do 2008 de MOI BOA

27/02/2009

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebrou o día 27 de febreiro a cata de calificación da colleita 2008. O escenario da cata foi a Igrexa de Santo Estevo de Ribas do Miño, no Concello de O Saviñao, zubzona de Ribeiras do Miño. A recollida de mostras fíxose entre o 18 e o 24 de febreiro por parte de técnicos do Consello Regulador. Recóllense 10 mostras, dúas por subzona.

As catas de calificación nesta Denominación de Orixe celébranse cada ano nunha subzona, co ánimo de dar a coñecer cada territorio e os seus atractivos, por este motivo tamén se escollen edificios emblemáticos e históricos. Nesta ocasión o turno foi para Ribeiras do Miño (Igrexa de Santo Estevo de Ribas do Miño) coa participación de sete catadores:

José Serrano Cuadrillo, Xefe de servicio da Sección de Calidade de Produtos da Vide, Ministerio de Cultura, Pesca e Alimentación.
Luis Díaz Álvarez, Xornalista
Bartolomé Sánchez Martínez, Xornalista Gastronómico.
José Mª Martínez Alonso, Membro da Asociación de Sumilleres Gallaecia
José Felicísimo Pereira Freijido, Membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.
Luis López Paadín, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.
Alfonso Losada Quiroga, Xefe de Enoloxía da Estación de Viticultura de Leiro.

As catas de calificación na D.O.R.S. comenzáronse a facer dende o inicio da mesma, en 1996. A cata de calificación correspondente a esta colleita tivo como escenario Monforte (subzona de Amandi) e a calificación obtida fue BOA, dende aquela foise evolucionando cada ano. A colleita do 2007 foi calificada como MOI BOA


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: