Imprimir y PDF

O "terroir" de Ribeira Sacra

EEUU busca a frescura e orixinalidade dos viños de Ribeira Sacra

11/03/2009

Representantes de sete empresas estadounidenses importadoras de viño estiveron na D.O.R.S. para catar os viños desta D.O.
Para a cata presentáronse 10 adegas cun total de 21 mostras, 4 delas de branco e o resto tintos, dos tintos 8 eran de barrica.
Os catadores foron Ali Bolourchi de Pacific Plaza Imports; Anthony Benítez de Vintage Wines; Víctor Mojica de Bacchus International; Robert Heyman de Beacon Wines Company; Alexandra Elman de Marble Hill Cellars; Tom Davis de The Laughing grape e Daniel Degrati de Undiscovered Wines. A representación norteamericana acudía a Fevino e aproveitaba para visitar as Denominacións de Orixe galegas e ter contacto con algunhas adegas. A actividade estaba organizada polas Cámaras de Comercio de Ferrol e Vilagarcía e Cámara de Comercio España-EEUU.
Dende a organización destacaban que o interese dos importadores pola D.O.R.S. radica en que é unha D.O. que, polo momento, se coñece pouco en EEUU e esto é xa un grande atractivo para eles.

Daniel Degrati de Undiscovered Wines aseguraba, tras probar os viños, que estaba sorprendido pola súa calidade e auguráballes un futuro fabuloso no mercado estadounidense onde xa se empezan a coñecer os viños da Ribeira Sacra. Frescura e orixinalidade son, segundo Daniel Degrati, as grandes cualidades destes viños, e esto dálles moi boas expectativas en EEUU, onde se está facendo un grande esforzo por darse a coñecer.

Anthony Benítez de Vintage Wines afirmaba que viña a Galicia buscando un mencía de Ribeira Sacra. Para Anthony Benítez a uva é parte fundamental do que busca o consumidor americano, de ahí a importancia da mencía de Ribeira Sacra, que ten, segundo dixo, paladar e froita. Afirmaba que outras D.O. españolas foran pioneiras no mercado estadounidense, pero hoxe o consumidor ten a mente moi aberta e busca outras cousas, polo que falou dun gran futuro para os mencías de Ribeira Sacra en EEUU. Anthony Benítez, con raíces en España, pedía a adegueiros e viticultores da D.O. que continuen a liña de elaboración de viño que teñen hoxe ??Manter o seu e non cambiar por directrices que se poidan marcar dende o exterior, conservar a autenticidade dos viños da Ribeira Sacra?

A cata que se celebrou no Centro do Viño é un primeiro paso para que estas empresas entren en contacto coa D.O. e a partir dagora fagan un seguemento e inicien relación coas adegas cuxos viños espertaran o seu interese.

Visita ao Centro do Viño e xantar completaron a xornada dos importadores estadounidenses na D.O. Ribeira Sacra.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: