Imprimir y PDF

Luis Paadín, Director da Guía de Viños de Galicia.

Cando un bebe este viño, bebe a zona, bebe heroismo e paisaxe

16/03/2009

Cando escoitou falar por primeira vez de Ribeira Sacra?
Coñecín Ribeira Sacra polo viño de Amandi. Posteriormente, xa como profesional, quixen coñecer porque estes viños eran diferentes. Tiña información de como era a zona, pero non me imaxinaba estas pendientes, estas insolacións, estos bancais,�cando coñecín a zona, o viño de Ribeira Sacra pareceume barato.

O primeiro contacto foi, polo tanto, cos viños, en concreto o viño de Amandi. Pediuno así: viño de Amandi?
Hai anos os viños non se pedían por variedades como agora, que está de moda. Antes era por oríxenes e quixen probar viño de Amandi. Estaba familiarizado cos viños de Rioja e o viño de Amandi era distinto, fresco�.ese viño tivo un valor engadido ao ubicar que era un produto tinto galego e de calidade. Coñecín despois a Ribeira Sacra e teño claro que disfrutas máis o viño de Ribeira Sacra cando tes a posibilidade de ver a Ribeira Sacra.

Como definiría o viño de Ribeira Sacra?
O viño creo que é unha paisaxe dentro dunha botella e no caso de Ribeira Sacra máis que en ningunha outra D.O. Cando un bebe este viño bebe a zona e, beber a zona é beber heroismo e paisaxe.

Que diferencia ao viño de Ribeira Sacra dos demáis?
A paisaxe e todo un traballo detrás.

Que condicións da terra e do clima definen os viños da Ribeira Sacra?
Teñen unha influencia atlántica cun diferencial térmico moi alto entre o día e a noite. Esto da uns viños frescos de grande calidade. En canto á terra, se nestas ladeiras non houbese viñas, non habería nada. O compoñente pobre do chan obriga á planta a producir unha uva de moita calidade, escasa pola dureza do terreo, pero de grande calidade. A climatoloxía, o chan, a paisaxe,�a eso me refiro cando digo: meter a paisaxe dentro dunha botella. A viticultura en Ribeira Sacra está considerada viticultura heroica e non é por dicir. Elaborar en pendientes de máis do 45% un produto que non sexa viño eu non consigo imaxinalo. O viño en Ribeira Sacra é resultado de empeño e tesón.

Como ve o futuro dos viños da Ribeira Sacra?
Eu creo que hai que vender o viño como viño dunha zona. O viño é máis que gusto e palatabilidade, hai que ir máis aló. Se ves Ribeira Sacra entendes o esforzo e ese é o valor engadido dos viños. O fruto que entra dentro dunha botella é a viticultura a escala humana. Ribeira Sacra non sería Ribeira Sacra sin o viño desta D.O.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.