O pleno do C.R.D.O.R.S. adicou os últimos dÃas a celebrar xutanzas periódicas para analizar a actualización do regulamento da D.O., trámite que ten que estar feito antes de xullo deste ano.
En liñas xerais cambiáronse algúns parámetros das analÃticas: a acidez volátil dos viños xóvenes subiuse a 0.70 e nos barrica pasa a ser de 1; para os barrica, o grao mÃnimo será 12 e para o resto dos viños da D.O. 11 graos. En función da normativa europea o sulfuroso nos tintos pasa a 140 e 170 nos brancos. Tomáronse acordos relacionados coa representatividade no pleno de cara ao proceso electoral de dentro de dous anos: as adegas que teñen o 65% da produción terán 3 representantes, as que nos chegan ao 14% terán 1 e o resto terán 2 representantes. Os viticultores que non venden a uva terán 1 representante, dous representantes os viticultores que teñen máis dunha hectárea e os de menos dunha hectárea terán 3 representantes (supoñen o maior número de viticultores da D.O.).
Aprobouse crear unha comisión, que terá un ano de prazo, para decidir sobre dous temas: a entrada de novas zonas na D.O. (puntos concretos dos concellos de Monforte, Sober, Pantón, Pereiro de Aguiar e Coles) e o crear un novo apartado de viños para os viños con caracterÃsticas particulares pola zona de produción.
Seguirase a normativa xeral para especificar se un viño é crianza, reserva ou grande reserva. O crianza terá un tempo mÃnimo en barrica de 6 meses, o reserva 1 ano e o grande reserva 2 anos.
Os acordos dábanse a coñecer por parte do presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel RodrÃguez e o Vicepresidente do C.R.D.O.R.S., Evaristo RodrÃguez. Destacouse en rolda de prensa a cordialidade e entendemento nas diferentes xuntanzas, máis tendo en conta que noutras D.O. levan ata un ano con este proceso e aÃnda non o remataron. Segundo os representantes do C.R.D.O.R.S. hai ganas de traballar en común polo ben da D.O.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España