Imprimir y PDF

Establécense novos clientes e consolídanse os xa existentes

A D.O. Ribeira Sacra acode a Gourmets

20/03/2009

O C.R.D.O.R.S. participa entre o 30 de marzo e o 2 de abril nunha nova edición do Salón Internacional do Clube de Gourmets en Madrid, punto de encontro de elaboradores e consumidores de produtos de alimentación de alta gama. � lugar de referencia obrigado para promocionarse no sector e Ribeira Sacra non falta á súa cita.
Coa participación en Gourmets, Ribeira Sacra segue a súa campaña promocional neste 2009. O ano déixanos a participación en Xantar, na campaña Santiago Repetirás e proximamente a asistencia a Fenavin e Vinis Terrae. Nas últimas semanas, forman parte, tamén, do apartado de promoción, as catas nas que participaron importadores e distribuidores británicos e estadounidenses.
Acudir a feiras como Gourmets é importante para o C.R.D.O.R.S., establécense novos clientes e consolídanse os xa existentes. Estar representados nas principais citas gastronómicas de España é unha forma eficaz de abrir mercados e facer constar a distribuidores e exportadores a calidade dos viños de Ribeira Sacra.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.