Imprimir y PDF

Estarán representados unha vintena de adegueiros

Nova cita cos viños da Ribeira Sacra

31/03/2009

Despois de que Chantada abrira as feiras do viño na Ribeira Sacra, agora o turno é para Sober coa Feira do Viño de Amandi, que chega os días 4 e 5 de abril á XXIX edición. A cita desenvolverase no esceario habitual, a praza do concello, coa participación dunha vintena de adegueiros. As botellas de viño poranse á venda por un prezo mínimo de 5 euros. Como en anos anteriores, a praza estará cuberta para protexerse de posibles inclemencias climatolóxicas, haberá representación doutros produtos típicos como rosca de Sober e olería de Gundivós e contarase con servicio de transporte entre Monforte e Sober. O pregón desta nova edición correrá por conta de Marcos Pereiro e José Touriñán, do dúo cómico Nucha e Mucha, â??As Cantareiras de Ardebulloâ??


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.