Imprimir y PDF

Referente na Ribeira Sacra

O Centro do Viño da Ribeira Sacra funciona xa ao 100%

04/04/2009

Este venres pola tarde inaugurábase oficialmente o Centro do Viño da Ribeira Sacra. Para a posta de longo do centro foron anfitrións o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez e o Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez. Ao acto acudían representantes socioeconómicos en Ribeira Sacra. O acto estivo ambientado con música en directo, mentres os asistentes coñecían as dependencias do Centro e gozaban de degustacións ofrecidas pola Escola de Hostalería de Rosende e viño ofrecido polo C.R.D.O.R.S. O escenario principal foi o patio do Centro, onde o alcalde de Monforte se dirixiu aos presentes agradecendo todo o traballo do C.R.D.O.R.S. e do sector do viño para facer realidade o Centro. Severino Rodríguez asegurou que Ribeira Sacra era un lugar diferente e por este motivo sería referente en todo o mundo, a eso contribuirá o Centro do Viño. �xito para o Centro do Viño foi o desexo de todos os presentes e que as instalacións actúen como lugar de encontro para o sector do viño e todos os que queiran coñecer Ribeira Sacra. Coa inauguración púñase en marcha tamén a cafetería-tapería do Centro que estará en mans da Escola de Hostalería de Rosende para ofrecer o mellor da gastronomía galega a quen visiten as instalacións.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: