Imprimir y PDF

David Barco, Presidente da Asociación Galega de Sumillers, AGASU

O viño da Ribeira Sacra é unha xoia

07/04/2009

Cando e como entra en contacto coa D.O. Ribeira Sacra?
Ao longo da miña traxectoria profesional sempre vin que Ribeira Sacra era unha zona moi importante a nivel vitícola. Téñolle especial querencia porque é unha zona moi difícil para cultivar e recolectar a uva. Por sorte, témola en Galicia e é un potencial para nós. O primeiro contacto foi co viño desta zona, pero son coñecedor doutros atractivos, paisaxe, gastronomía, arquitectura,�

Ribeira Sacra, coma un todo, que opinión lle merece, como a definiría?
Como un lugar máxico. � un espacio evocador. Tería que darse a coñecer moito máis porque é unha zona moi atractiva para o turismo rural activo e o turismo enolóxico, debería de facerse fincapé nestas opcións.

Vendimou algunha vez en Ribeira Sacra?
Non o fixen porque na época de vendima adoito ter moitas obrigas profesionais, pero non o descarto.

Como se imaxina o traballo?
Son uns heroes, somentes hai tres ou catro zonas comparables, Priorato, Aosta,.. Subir esas caixas, esos bancais, esas pendientes,� un traballo sobrehumano. Sabendo como se vendima, como se fai a vinificación, o viño de Ribeira Sacra é unha xoia.

A dificultade do traballo, o terreo, o clima, son valores engadidos nestes viños?
Sí, que non poidan entrar máquinas, o transporte ás adegas, subir esas pendientes,�Ademáis é unha zona idónea para a viticultura. Se sumamos a profesionalidade en todos os ámbitos temos que, en breve, os viños de Ribeira Sacra estarán na punta de lanza.

A dureza do traballo trasládase ao viño?
Eu creo que o esforzo ten sabor, estrutura, paso de boca. Hai unha xente que está traballando o mundo do viño, máis concretamente en Ribeira Sacra, que o esforzo e o traballo que están levando a cabo ten que ter unha recompensa. Ten que habeer recoñecemento da sumillería, no meu caso, e da restauración en xeral.

Os viños de Ribeira Sacra, en comparación cos doutras DO, como son?
Teñen un punto fresco. Son viños distintos, balsámicos, atlánticos con moita froita fresca vermella e negra, de acidez refrescante sen dañar o padal. Non é difícil facer maridaxes con eles e se nos referimos aos barrica, podemos falar incluso de bos acompañamentos para alta cociña.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: