Entre o 2 e o 4 de xullo celébrase en Saint Vicent, Aosta (Italia) a XVII edición do Concurso de Viños de Montaña. As adegas interesadas en participar deben de dirixirse á sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra antes do 5 de xuño.
Para participar as adegas deben de presentar 6 botellas de 750 ml., etiquetadas e contraetiquetadas e achegar unha ficha descritiva do viño.
O concurso ábrese a viños das colleitas 2005, 2006, 2007 e 2008 e a adega ten que ter un mÃnimo de 1.000 botellas pola marca que presente.
E antes de acudir a Italia, a D.R.O.S. ten outras citas, a máis inmediata en Xixón, entre o 4 e o 7 de xuño, para estar representada no II Salón Alimentario e das Denominacións de Orixe e, xusto despois, Vinis Terrae, en Ourense, os dÃas 8 e 9 de xullo
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España