Imprimir y PDF

Misión Inversa Benelux

A D.O. Ribeira Sacra abre o mes de xuño cunha intensa actividade.

05/06/2009

Hoxe remata a II edición de Vinis Terrae, Salón de Viños e Licores Galegos de Calidade. Trátase dun Salón profesional e especializado que se desenvolve en Expourense en horario de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 18:00 horas, durante os días 8 e 9. No primeiro ano da experiencia, a D.O.R.S. estivo presente tendo unha moi boa acollida entre os visitantes. Ademáis do C.R.D.O.R.S., acudirán adegas da D.O. a nivel particular.
A Denominación de Orixe Ribeira Sacra terá especial protagonismo o día 8 a partires das 11:00 e o día 9 a partires das 17:30, nestes horarios, recóllese no programa de Vinis Terrae, que técnicos do C.R.D.O.R.S. fagan presentación da D.O. aos distribuidores e importadores que acuden ao Salón.
O público principal de Vinis Terrae está composto por compradores do sector da distribución e da hostelería; importadores e distribuidores dunha quincena de países e prensa especializada, entre outros profesionais. Despois de Vinis Terrae, a seguinte cita promocional será en Salimat, en Silleda, do 11 ao 14 de xuño.

Parte da promoción está tamén en que visite a D.O. xente de fóra. A Cámara de Comercio de Ourense, organiza unha misión inversa con importadores, distribuidores e prensa especializada en viño de Bélgica e Luxemburgo. En Ribeira Sacra estarán o día 9 de xuño, gracias á colaboración do C.R.D.O.R.S., participarán dunha cata no Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra a partir das 18:30.


E da XVII edición del Concurso de Viños de Montaña de Aosta, que se celebrará entre o 2 e o 4 de xullo, participarán 26 mostras de viño da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, pertecentes a 17 adegas.
A maioría das mostras corresponden a viños tintos, 22, e o resto, 4 mostras, son de viño branco.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.