O dÃa 21 de xuño celébrase o DÃa de Galicia en Euskadi, por tal motivo lévase a cabo a Cata Concurso de Tintos Galegos. A actividade organÃzaa a Irmandade de Centros Galegos en Euskadi coa colaboración da Asociación de Euskadi de Sumilleres.
Esta IX edición contará, como as anteriores, coa participación de viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Acoden 13 mostras correspondentes a 10 adegas.
E o dÃa 30 de xuño a Asociación Galega de Catadores trasládase á Denominación de Orixe Ribeira Sacra para proceder, na sala de catas do Centro do Viño da Ribeira Sacra, á cata dos viños desta Denominación interesados en ser valorados para entrar na GuÃa de Viños, Augardentes e Adegas de Galicia. Para participar, as adegas deben de presentar as mostras na sede do Consello antes do 26 de xuño.
Xa o dÃa 6 de xullo a Asociación de Catadores Gallaecia acudirá á Denominación para a cata que servirá para seleccionar aos viños que se converterán en Distinguidos Gallaecia. As adegas interesadas deben de presentar as mostras na sede do Consello antes do dÃa 29 de xuño.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España