Imprimir y PDF

Triunfo dos barrica

Ã?XITO DE RIBEIRA SACRA NA CATA DE TINTOS GALEGOS EN EUSKADI

22/06/2009

Dentro da celebración do Día de Galicia en Euskadi destaca a Cata Concurso de Tintos Galegos en Euskadi, que este ano chegaba á súa IX edición. Unha actividade que organiza a Irmandade de Centros Galegos en Euskadi coa colaboración da Asociación de Euskadi de Sumilleres. à cata presentáronse case unha trintena de mostras das distintas D.O. galegas. Do mesmo xeito que ocorreu o ano pasado, os viños mellor valorados polo panel de cata, (Asociación de Euskadi de Sumilleres) pertencían á D.O. Ribeira Sacra.
De feito o primeiro e terceiro premio foron para viños desta D.O. O primeiro premio levouno Regina Viarum Expresión de Regina Viarum S.L. (subzona de Amandi), que o ano pasado fíxose co terceiro premio. Condado de Sequeiras barrica 06 da adega Grupo Peago S.L., (subzona de Chantada), obtivo o terceiro premio.
A Denominación de Orixe Ribeira Sacra presentou a este concurso 13 mostras correspondentes a 10 adegas. Os premios entregaranse este verán na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.