Imprimir y PDF

Concurso de Viños de Montaña de Aosta

Turismo, Gastronomía e Montaña

26/06/2009

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra segue a súa viaxe por Galicia gracias á colaboración na campaña da Deputación de Lugo ??Lugo Terra, de todo natural?. Trátase dun stand que percorre as cidades galegas e onde se pode disfrutar dos principais atractivos da provincia de Lugo, entre os que non pode faltar, o viño da Ribeira Sacra, como acompañamento de diversas propostas gastronómicas. A pasada fin de semana estiveron en Vigo, os días 26, 27 e 28 están na Coruña (Xardíns de Méndez Núñez) e os días 3, 4 e 5 de xullo achegaranse a Ourense ( Praza Maior). As degustacións son os domingos de 12:30 a 14:00 e de 19:00 a 20:30.

O día 5 de xullo celebrarase, no concello de Cea, a XVIII edición da Festa de exaltación do Pan de Cea. Ao igual que o ano pasado, a Denominación de Orixe Ribeira Sacra estará presente na cita con stand propio.

Entre os días 2 e 4 de xullo celébrase en Saint Vicent, Aosta (Italia) a XVII edición do Concurso de Viños de Montaña. Neste certame de carácter internacional danse cita viños de todo o mundo, pertencentes a Denominacións de Orixe Vitícolas caracterizadas pola pendiente do terreo en que se cultivan as vides. Unha das Denominacións que acude cada ano e que ten obtido grandes resultados neste Concurso é Ribeira Sacra. Este ano, da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, participan 34 mostras pertencentes a 22 adegas, a maioría das mostras corresponden a viños tintos, sendo 6 as mostras de branco.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: