Imprimir y PDF

Actividades de Promoción

02/10/2018

Membros do xurado

Un membro do Panel de Cata formou parte do xurado técnico que durante o pasado fin de semana catou as tapas do Concurso de Tapas de Lugo organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (“E para comer Lugo”) para decidir a tapa gañadora na categoría especial de Maridaxe con D.O. Ribeira Sacra.












Premiados no Concurso de Tapas Picado

O Consello Regulador como colaborador, fixo entrega do premio ao establecemento gañador na categoría de maridaxe con D.O. Ribeira Sacra no XV Concurso de Tapas Picado 2018 celebrado en A Coruña.












Membros da IGWW 2018

Durante dous días un grupo de xornalistas, procedentes de diferentes países como Noruega, Bélxica, Perú, Estados Unidos, Reino Unido,....organizados polo IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), baixo a actividade promocional “ International Galician Wine Week 2018” visitaron a Denominación de Orixe para coñecer en primeira persoa a viticultura, os viñedos e os viños con D.O. Ribeira Sacra. Realizaron catas de varios viños acollidos á Denominación de Orixe, visitaron os viñedos para coñecer os seus características, as variedades e os tipos de solo, e tamén visitaron o Museo do Viño de Ribeira Sacra en Monforte de Lemos.







Durante tres días un grupo da Axencia EFE formado por xornalistas, técnicos de cámara e tradutor, estiveron en viñedos e adegas da Denominación de Orixe para realizar unha extensa reportaxe sobre Ribeira Sacra dirixido ao público anglosaxón, que tratará principalmente sobre a viticultura, as diferentes variedades autóctonas e a tipicidade do terreo, a natureza e o medio ambiente.
Entrevistaron a adegueiros e viticultores que se atopaban de cheo nas tarefas de vendima, para plasmar na reportaxe a impresionante paisaxe na Ribeira Sacra, a altitude e a pendente dos viñedos, así como a dificultade de realizar as tarefas de vendima.









CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.