Imprimir y PDF

Entrega de premios a adegas da D.O.

En Euskadi disfrutan cos viños de Ribeira Sacra

12/08/2009

O patio do Centro do Viño da Ribeira Sacra acollía hoxe a entrega de premios ás adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra que resultaron premiadas na IX Cata de Tintos Galegos en Euskadi.
O primeiro premio foi para Regina Viarum Expresión de Regina Viarum S.L. (subzona de Amandi) e o terceiro premio para Condado de Sequeiras barrica 06 da adega Grupo Peago S.L. (subzona de Chantada)
Entregaban os premios o Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez e José David Fidalgo, como representante da organización da Cata, a Irmandade de Centros Galegos en Euskadi.

A cata celebrouse en xuño coincidindo coa celebración do Día de Galicia en Euskadi. Participaron unha trintena de viños tintos das diferentes D.O. galegas. Da Denominación de Orixe Ribeira Sacra presentáronse 13 mostras de 10 adegas. Dende a organización agradeceuse a participación das adegas de Ribeira Sacra e loubouse a calidade dos viños presentados. Pola súa banda José Manuel Rodríguez agradeceu o esforzo da organización por promocionar, con este tipo de actividades, os viños galegos noutros puntos da xeografía.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.