Dende hoxe e ata o día 12 celébrase en Coruña, no Pazo de Exposicións e Congresos unha nova edición do Salón de Viños e Augardentes de Galicia que organizan a Asociación de Sumilleres Gallaecia e a Asociación Galega de Catadores coa colaboración do Concello da Coruña e a Consellería de Medio Rural.
O día 10 está adicado a adegueiros e colleiteiros, nesta xornada recóllese un xantar homenaxe a José Serrano, enxeñeiro agrónomo e catador.
O día 12 será o día adicado a Ribeira Sacra e outras Denominacións de Orixe. Ás 19:00 celebrarase unha cata dirixida dos viños do C.R.D.O.R.S. con entrega de premios á mellor carta de viños da D.O.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España