Imprimir y PDF

Beatriz Soto, directora técnica do C.R.D.O.R.S. desde 1998.

â??Os viños de Ribeira Sacra teñen o carácter da viña da que procedenâ?

17/08/2009

En que consiste o traballo de directora técnica dunha D.O., neste caso de Ribeira Sacra?
Organízase a actividade dos inspectores ao longo do ano e revísase. Emítense os informes necesarios en función das incidencias. Acudo en representación da D.O. cando se require para dar catas comentadas, charlas, como catadora,...un pouco de todo.

Desde o 98 que entras como directora técnica a hoxe, que cambios se deron na D.O.?
Cando eu entrei eran 60 adegas, hoxe son 100, a produción triplicouse, os viticultores duplicáronse, roldando hoxe os 2.900. Pero independentemente de cifras, o maior cambio véxoo no consumidor. Somos a D.O. máis nova de Galicia e aos poucos fóronnos coñecendo. Fíxose e faise un importante esforzo en promoción para que o consumidor pida Ribeira Sacra.

Como ves Ribeira Sacra fóra das fronteiras galegas?
As adegas que teñen capacidade para exportar estano facendo e teñen moi bos resultados. Axuda que a prensa especializada fale ben de ti, como está ocorrendo, e sempre é un impulso importante ter bos resultados en certames internacionais.

�xito absoluto na última edición do Concurso Internacional de Viños Montaña de Aosta.
à promoción dos nosos viños dentro de Galicia axuda principalmente a cata da D.O. e a Cata dos Viños de Galicia, pero a nivel internacional o noso mellor escaparate é Aosta. Somos a única representación de España e este ano os resultados foron extraordinarios. Creo que foi o mellor ano para a D.O. Recentemente cambiaron o sistema de premios, agora é moito máis esixente, coa gran medalla de ouro, medalla de ouro e medalla de prata en cada categoría, antes, segundo a puntuación, podía haber varias medallas de ouro, ou de prata ou de bronce.

Conseguir hoxe en Aosta unha gran medalla de ouro é un triunfo.
Este ano presentábanse 500 viños, competimos con Denominacións de Orixe de Austria, Francia, Alemaña, Italia, Portugal e Suíza. Obtivemos a gran medalla de ouro e medalla de ouro na categoría de viños tintos da vendima 08 e mencións de honra. � de destacar as dúas mencións de honra na categoría de brancos porque somos os únicos brancos que utilizan godello, compites con variedades máis internacionais e coñecidas para os catadores e presentando uns brancos totalmente distintos conseguimos moi bos resultados.

Obter bos resultados en catas e concursos anima ás adegas a participar deste tipo de citas?
Cada vez as adegas son máis conscientes de que é importante participar en catas e concursos, xa non só polo premio, senón pola difusión que teñen estas actividades
Tamén é unha forma de que catadores e sumilleres coñezan determinados viños cos que doutro xeito non entrarían en contacto. Este ano para as catas de Gallaecia e da Asociación Galega de Catadores batéronse marcas de participación.

Profesionalización das adegas, relevo xeracional,...como ves estes temas aplicados á D.O. Ribeira Sacra?
En Ribeira Sacra gran parte da xente que se dedica ao mundo do viño teno como segunda actividade, pero iso non quere dicir que sexan menos profesionais que quenes o teñen como actividade principal. Cada vez elabórase mellor viño, iso é porque as adegas están facendo esforzos importantes en tecnoloxía, investigación,...Substitución xeracional? Moi poucas adegas se deron de baixa na D.O. por xubilación, a gran maioría son cambios de titularidade a alguén máis novo da familia. Non vexo problemas neste sentido.

Que é o mellor da D.O. Ribeira Sacra?
Todo o conxunto, a paisaxe asociada a unha viticultura complicada. Hernáez Mañas (experto en viticultura e enoloxía) con motivo do premio especial que lle deu a D.O. na XV Cata dos Viños de Ribeira Sacra, dixo â??en tema de viños o importante é distinguir, non ir á homoxeneidadeâ?. Neste punto está Ribeira Sacra. Cada viño ten a súa propia particularidade. Teñen o carácter da viña da que proceden.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.