Veñen de dar comenzo na Denominación de Orixe Ribeira Sacra os controis de maduración para determinar as condicións da uva e establecer unha data oficial para o inicio da vendima.
Os controis efectúannos técnicos da D.O., acudindo ás parcelas marcadas nas distintas subzonas. Recóllense ata 58 mostras de distintas variedades nestas parcelas para ver a evolución diaria da uva.
As mostras deposÃtanse en bolsas de plástico e éstas en neveiras, que se trasladan ao laboratorio. Unha vez no laboratorio analÃzase o grao alcohólico potencial, a acidez total e o P.H. Coa análise destes parámetros que se repiten cÃclicamente, para ver a e evolución, establécese unha data axeitada para o inicio de vendima. Os datos son analizados polo pleno do Consello, que previsiblemente se reunirá nos primeiros 10 dÃas de setembro, para concretar a data oficial de inicio de vendima.
A climatoloxÃa dos últimos dÃas axudou á maduración e os dÃas que están por vir serán determinantes para ver como se desenvolve a vendima na D.O. Ribeira Sacra.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España