Representantes das adegas de maior produción na D.O. Ribeira Sacra veñen de celebrar un xantar de confraternidade. Neste tipo de xuntanzas, que desenvolven con certa periodicidade, abórdanse cuestións relacionadas coa D.O. Nesta ocasión tema obrigado era a nova campaña, ante a proximidade da vendima. Todos os presentes coincidiron en sinalar que para esta vendima se plantexa unha situación de estabilidade en canto a prezos e a nivel de recollida de uva.
As adegas representadas nesta xuntanza foron:
Val de Quiroga, Regina Viarum, Ponte da Boga, Rectoral de Amandi, AbadÃa da Cova, Santa MarÃa de Nogueira e VÃa Romana. Estas adegas representan as 2/3 partes da produción da D.O. e o 80% da compra de uva. Que estas adegas coincidan en garantir prezos estables e a recollida de uva, favorece que a campaña se presente con total normalidade na relación adegas-viticultores.
Na cita estivo presente tamén o Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel RodrÃguez.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España