Imprimir y PDF

"O traballo do sector vitivinícola en Galicia é sinónimo de calidade en todo o mundo"

Premios da XXI Cata dos Viños de Galicia

11/09/2009

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra presentaba á Cata dos Viños de Galicia que se celebrou nesta semana en Santiago de Compostela 28 mostras, todas elas de tinto, pertencentes a 25 adegas. A maioría das mostras, 20, competían na categoría de industrias e 8 facíano en ??viño de colleiteiro?.

A Cata dos Viños de Galicia premia aos mellores viños de cada D.O., ademáis concede premio ao mellor tinto de Galicia, ao mellor branco de Galicia e os premios ao viño de colleiteiro.

Os catadores seleccionaron como mellores viños da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra:

1º Regina Viarum Expresión 07 (Regina Viarum S.L.- subzona Amandi)Acio de Ouro
2º Regina Viarum (Regina Viarum S.L.- subzona Amandi)Acio de Prata
3º Cruceiro (Ramón Marcos Fernández- subzona Amandi)Acio de bronce
4º Marqués de Garoña (Adegas Viña Garoña S.L.- subzona Chantada)Diploma
5º Rectoral de Amandi (Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U.- subzona Amandi)Diploma
6º Peza do Rei (César Enríquez Diéguez- subzona Ribeiras do Sil)Diploma

O mellor branco de Galicia pertenceu á D.O. Rías Baixas e o mellor tinto á D.O. Monterrei.

A Cata dos Viños de Galicia está organizada pola Consellería de Medio Rural coa colaboración dos Consellos Reguladores vitivinícolas de Galicia.

O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, encargado de presidir o acto de entrega de pemios afirmou:
??O voso traballo é sinónimo de calidade en todo o mundo. A vosa dedicación e esmero supón un expoñente do traballo ben feito, do tesón pola mellora continua e das gañas por transmitir ás xeracións vindeiras aínda máis sabedoría da que temos herdado dos devanceiros??.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: