Imprimir y PDF

Recollendo éxitos da pasada campaña

Preparándose para a vendima

01/09/2009

Na Denominación de Orixe Ribeira Sacra seguen a realizarse os controis de maduración para determinar a data de inicio da vendima. Como ten acontecido outros anos, obsérvanse diferencias entre subzonas e entre viñas da mesma subzona no referido á maduración da uva, se ben a estas alturas tamén se pode afirmar, como media da D.O., que hai un lixeiro adianto con respecto ao pasado ano. A calidade da uva é satisfactoria e non se agardan incidencias, nin grandes cambios en relación ao pasado ano. Seguen a ser determinantes as dúas primeiras semanas deste mes de setembro, será entón cando se poida definir unha data para o inicio da campaña.

E mentres segue o traballo de campo por parte dos técnicos do C.R.D.O.R.S., 24 viños da D.O. compiten a partir da mañá polas Distincións Gallaecia.
Despois de ter celebrado as catas previas nas diferentes D.O. e ter catado 441 mostras entre viños, augardentes e licores amparados, chegan á cata final 97 referencias. 15 catadores valorarán entre os días 2 e 3 deste mes, no Mosteiro de San Clodio, en Leiro, 97 referencias de viños sacados do mercado, en distribuidores e tendas. Dos 97 viños que pasan á cata final 24 pertencen á D.O. Ribeira Sacra.

Este ano Ribeira Sacra obtiña excelentes resultados metendo nesta cata final para as Distincións Gallaecia un cuarto dos viños participantes. Outra convocatoria que deixaba una gran sabor de boca era o Concurso Internacional de Viños de Montaña de Aosta, celebrado a comenzos de verán. En tintos, a Denominación obtiña gran medalla de ouro e medalla de ouro, ademáis de 6 mencións de honra, houbo duas mencións de honra nos brancos e outra máis para os tintos producidos entre 2006-2007, ademáis do Premio Especial Cervim 2009. O presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez estará presente este venres día 4 en Aosta, para recoller os premios que serán entregados aos seus destinatarios no xantar de Nadal que todos os anos celebra a Denominación de Orixe.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: