Imprimir y PDF

Seleccionáronse 2 brancos e 7 tintos.

9 Ribeira Sacra son Distinguidos Gallaecia

04/09/2009

A Asociación de Catadores Gallaecia celebrou na provincia de Ourense, no Mosteiro de San Clodio, en Leiro, a cata final para conceder as Distincións Gallaecia 09. Á cata final chegaban os viños mellor valorados nas catas previas celebradas en todas as D.O. Á cata previa celebrada en Ribeira Sacra, presentásense 84 mostras e seleccionáronse para pasar á final 24, 4 de branco e 20 de tintos.

Como Distinguidos Gallaecia seleccionáronse 28 brancos, dos cales 2 pertencen á D.O. Ribeira Sacra:
Algueira 08, adega Algueira S.L.(subzona de Amandi)
Almalarga 08, adega Pena das Donas (subzona de Ribeiras do Miño)

En tintos dos 16 seleccionados, 7 son de Ribeira Sacra:
Cividade 08, adega de José Ramón Verao Pérez (subzona de Amandi)
Condado de Sequeiras 08, Grupo Peago S.L. (subzona de Chantada)
Condado de Sequeiras 06 (barrica), Grupo Peago S.L. (subzona de Chantada)
San Mamed 08, adega Rosa María Pumar Rodríguez (subzona de Quiroga-Bibei)
Regina Expresión 07 (barrica), adega Regina Viarum S.L. (subzona de Amandi)
Algueira merenzao 07 (barrica) adega Algueira S.L. (subzona de Amandi)
Vía Romana 06 (barrica), Adegas e Viñedos Vía Romana S.L. (subzona de Chantada)

A valoración que se fai dos resultados da D.O. é moi positiva. Queda constancia, unha vez máis, de que en tintos Ribeira Sacra é referencia en Galicia e os brancos conseguen un bo balance, competindo con variedades moi asentadas no mercado.
Pola súa banda dende a Asociación de Sumilleres Gallaecia (organización dos Distinguidos Gallaecia) aseguran que cada ano a cualidade dos viños é maior en todas as D.O galegas.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.