Imprimir y PDF

Algunhas adegas comenzaron a vendimar antes con permisos puntuais

O día 17 comenza oficialmente a vendima na D.O.R.S.

15/09/2009

O pleno do C.R.D.O.R.S. reuníase onte pola tarde para fixar a data de inicio oficial da vendima na Denominación. Tendo como base os datos dos controis de maduración que se veñen efectuando dende finais de agosto, determinouse que a data para o inicio da vendima fose o día 17 de setembro, adiantándose unha semana con respecto á pasada campaña.

Independientemente da data oficial para a vendima, algunhas adegas comenzaron xa na pasada semana a pedir permisos puntuais para iniciar os traballos. Quiroga-Bibei, Ribeiras do Sil e Amandi foron as encargadas de abrir a vendima na D.O.

Nesta campaña elaborarán 96 adegas e encargaranse de vixiar o proceso 16 veedores contratados para a ocasión, ademáis dos técnicos propios do C.R.D.O.R.S. e da Directora Técnica do Consello.

A día 14 de setembro 16 adegas tiñan comenzado a vendima.
Lévase recollido por variedades:

Variedade Quilos de uva
MENCIA 91.017
BRANCELLAO 60
MERENZAO 1.570
GARNACHA 630
ALBARIÃ?O 9.410
DONA BRANCA 1.592
GODELLO 22.700
LOUREIRA 404
TORRONTES 1.417
TREIXADURA 360
Total 129.160

A previsión inicial é rondar o 5 millóns de quilos de uva. En todo caso queda un mes de traballo por diante e a climatoloxía será a que teña a última palabra.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.