Imprimir y PDF

A data 25 de setembro a uva recollida rondaba os 2 millóns de quilos

R.S. encara a segunda fin de semana de vendima

25/09/2009

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra leva vendimando dende a segunda semana de setembro, se ben, a data oficial da vendima fixábase para o día 17, polo que a previsión é que nas fins de semana de setembro sexan os picos altos na recollida de uva nesta campaña.

Por variedades lévase recollido a 25 de setembro:
Mencía: 1.700.332
Brancellao: 7.446
Merenzao: 8.629
Caíño:1.421
Garnacha: 67.388
Mouratón: 3.562
Sousón: 660
Tempranillo: 28.060
Albariño: 26.441
Dona Branca: 2.632
Godello: 112.097
Loureira: 844
Torrontés: 1.960
Treixadura: 7.578

Total:1.969.050

A calidade e estado sanitario da uva que está entrando en adega son excelentes.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: