Imprimir y PDF

44 adegas seguen traballando e 7 aínda non abriron

Ribeira Sacra supera xa a uva recollida na pasada campaña

02/10/2009

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra segue cos traballos de vendima, as cifras de uva recollida por variedades a data 01 de outubro son as seguintes:

Mencía: 3.585.662
Brancellao: 9.863
Merenzao: 10.539
Caíño:2.503
Garnacha: 237.526
Mouratón: 3.925
Sousón: 1.506
Tempranillo: 39.423
Albariño: 28.368
Dona Branca: 4.612
Godello: 139.855
Loureira: 844
Torrontés: 1.960
Treixadura: 13.515

Total:4.080.101

A uva que entra en adega está a ter un excelente estado sanitario e moi boa calidade. Dende o C.R.D.O.R.S. agárdase poder rondar os 5 millóns de quilos de uva nesta campaña.
A vendima do 08 comenzaba oficialmente na D.O. o día 25 de setembro e dábase por rematada a 20 de outubro, os datos totais da colleita do pasado ano foron os seguintes:

Mencía: 3.537.132
Brancellao:8.651 Merenzao: 6.267
Caíño: 1.000
Garnacha: 229.445 Mouratón: 1.952
Sousón: 110
Tempranillo: 29.537
Albariño: 20.254
Dona Branca: 1.535
Godello: 107.460
Loureira: 823
Torrontés: 2.509
Treixadura: 19.527

Total: 3.966.202

En base a estes datos pódese afirmar que a D.O. ampliará de xeito significativo a cantidade de uva amparada, con respecto ao pasado ano. Poden restar un par de semanas de vendima e para entón as cifras totais poden chegar perto dos 5 millóns de quilos de uva recollidos. As previsión climatolóxicas seguen a ser boas ata a fin de semana, unha fin de semana que se prevé, sexa novamente de grande actividade. A data 01 de outubro 44 adegas están abertas, 44 deron por rematada a vendima e 7 aínda non abriron.




CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: