Nos trece anos de vida da Denominación púxose en marcha un sector prácticamente abandonado, pasando de trescentos mil quilos e vinte adegas a máis de cinco millóns de quilos e tres mil viticultores, cun volumen de negocio de máis de vinte millóns de euros.
Nesta andaina posibilitouse o desenvolvemento do sector turístico, convertindo a paisaxe de viñedos nun foco emerxente de atracción turística.
Logrouse situar o viño da Ribeira Sacra nas mellores mesas, acadáronse innumerables recoñecementos nacionais e internacionais, organizáronse congresos..., sempre co esforzo de adegueiros e viticultores.
O venres pola mañá, e para máis cachondeo, nas páximas do especial â??Ribeira Sacraâ?� do diario, El Progreso, vexo un anuncio no que se promociona unha chamada â??I Festa do Outonoâ?� en Monforte de Lemos, con variadas actividades, unha delas Festa da castaña e do viño Peleón.
O de viño peleón é un termo utilizado noutros lugares, aquí sería máis acaído o de â??Viño de Almacénâ?�, no Ribeiro chamaríanlle â??de Matuteâ?�, o que me fai pensar que esta definición igual se lle ocurreu a un deses asesores/as que cobran pingües soldos por ideas brillantes coma esta.
E todo esto organízao o Concello de Monforte encargado, entre outas moitas cousas, de xestionar o Centro do Viño da Ribeira Sacra que, en teoría, debería promocionar os productos da nosa terra.
Patrocina a Excma. Deputación Provincial, xestora, entre outras cousas, dos catamaráns e doutros medios para, en teoría, promocionar os nosos recursos.
Colabora o CCU e a Asociación Provincial de Empresarios Hostelería de Lugo, en teoría, asociacións que representan ás empresas que prestan servizos aos habitantes do territorio e aos visitantes, e que, entendo, que tamén deberían ser partícipes na promoción conxunta da nosa terra.
Ante esta promoción dun produto estrela como o denominado Viño Peleón, por parte deste conxunto de entidades, véñenseme a mente algunhas exclamacións históricas como aquela de Trillo cando dixo â??Manda huevosâ?�, aínda que para esto coido que lle vai mellor aquela do alcalde de Ferrol, Couce, cando exclamou â??JODER, QUE TROPAâ?�.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España