A Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas CECRV, reunida en Asemblea na cidade de Barbastro, acorda entre outros os seguintes asuntos, que desexan facer chegar as Administracións en particular e á opinión pública en xeral.
DEFENSA DO MODELO DE DENOMINACI?NS DE ORIXE VITIVINÍCOLAS
1.- Reafirmarse nos tempos que nos atopamos, no modelo vitivinícola que representa a CECRV.
A Denominación de Orixe é o modelo de produción e comercialización que mellor une ao mesmo tempo, a defensa dun territorio e do medio socio rural sobre o que se asenta. A defensa deste
modelo de futuro pasa por fuxir da liberalización dos dereitos de plantación que propugna a Comisión Europea e dotar ás organizacións de base interprofesional, das ferramentas que lle permitan xestionar globalmente o comportamento do potencial de produción. Duplicar ou triplicar as plantacións en zonas de Denominación de Orixe, daría ao traste con toda a estrutura e riqueza do medio existente. Así o anunciamos nunha mesa redonda no Parlamento Europeo o día 29 de Setembro, e seguirémolo mantendo en tanto non se reflexione sobre unha postura, a nosa, que consideramos, sensata, racional, creadora de riqueza e benestar no medio agrícola durante décadas.
REXEITAMENTO AOS VI?OS DA TERRA DOS VI?EDOS DE ESPA?A
2.- A máis firme oposición ao modelo Viños da Terra dos Viñedos de España, que presupón vender o modelo contrario polo máis baixo dos segmentos, sen ter en conta a excelencia do produto, senón simple e sinxelamente a venda pola venda, pero ata pondo por diante o nome de España, co risco que leva, e un nome que tanto esforzo custou prestixiar noutros modelos.
ANTE UN MERCADO EN RECESI?N POTENCIAR A PROMOCI?N DE VI?OS DE CALIDADE
3.- Necesitan as Administracións tomar conciencia da verdadeira necesidade de fomentar campañas de promoción que revitalicen o sector, o produto e ante todo o produto de calidade, como ben necesario, máis que a comercialización sen arraigamento que non crea valor engadido sobre todo, nos territorios vitivinícolas. Este esforzo debe abordar en primeiro termo e con carácter ineludible a contorna europea, principal destino para o consumo dos nosos viños de calidade.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España