Imprimir y PDF

Por Steven Olson. Wines from Spain

Unha relación de amor co viño mencía

02/11/2009

Wines from Spain

Non é ningún segredo que son un admirador dos viños españois, entusiásmanme desde hai máis de 20 anos. Consolidei un romance con moitos dos viños rexionais durante moitos anos, enxalcei apaixonado as virtudes das moitas copias de Tempranillo, e compartín o coñecemento sobre as miñas uvas preferidas, Garnacha e Cariñena, españolas.

Puxen o meu amor nos meus viños queridos de Xerez, e ata proclamei ao mundo o Albariño, Verdejo, e especialmente o Godello, que deben ser recoñecidos á beira dos mellores viños brancos do mundo. A proba estivo sempre na copa, e desde entón mirei orgulloso que o viño español asumiu o seu lugar lexítimo no nivel internacional. Moitos coñécenme como fanático de D.O.s tales como Toro e Jumilla, e escondín lonxe as miñas botellas preferidas de Priorato cando o mundo intentaba imaxinar que fixeron eses excéntricos. Tanto como amo todo destes viños brillantes, de moitas rexións asombrosas, revelo hoxe a miña alma española polo viño: Non podo conseguir suficiente da uva negra Mencía, e os viños tintos desa área remota de Castela occidental e León e Galicia.

Bierzo é realmente o corazón e a alma das rexións que producen Mencía, pero quedándome aquí non faría xustiza á versatilidade desta uva única. Os viños deliciosos elaborados con Mencía prodúcense nas D.O.s Ribeira Sacra, Monterrei, Ribeiro, Valdeorras, e sí, ata Rías Baixas (aínda que unha cantidade minúscula).
Cando visitei España en 1993, non probei ningún viño tinto digno de escritura. Cando finalmente volvín nunha peregrinaxe a esta área magnífica no 2006, enchínme dos viños tintos brillantes, de cada recuncho de Galicia, e por suposto do Bierzo. Durante moitos anos, os viños tintos do Bierzo, e de toda Galicia, eran considerados lixeiros con sabor a froita, viños simples, e así a Mencía foi sinalada de uva simple, coa capacidade de producir soamente este tipo de viño. Quizáis este era un resultado da filoxera, cando os viñedos estiveron replantados nos fondos do val e déronse altas producións, por suposto dando un estilo máis lixeiro do viño.

Hoxe os mellores viños de Mencía son extremadamente flexibles, e demostran unha gran moderación, realzando os sabores dos minerais, e exhibindo delicadeza e elegancia. Cun tratamento xuicioso da madeira, convértense nos viños únicos do lugar, unha encarnación do terroir. Aínda existe o perigo da sobre-extracción, demasiado madeira, demasiado alcohol? de crear un estilo internacional do viño? Por suposto ese perigo está sempre aí, pero ata coa froita madura grande, estes viños ditan en realidade un curso máis contido da vinificación, ou, diremos, unha influencia menos humana. A Mencía cultivada nos viñedos máis magníficos do Bierzo é un exemplo perfecto do gran viño que dá este viñedo, e os viñedos dos sitios magníficos crean o viño que é verdadeiramente marabilloso.


Na D.O. Ribeira Sacra, a Mencía, entre outras uvas, plántase en terrazas romanas desde hai 2000 anos, bancais que ascenden as costas máis escarpadas, nunha das rexións máis remotas de viño no mundo, e as grandes cousas están sucedendo. Xa que agora hai ata un camiño pavimentado que sae de alí, podemos realmente, probar algúns destes viños asombrosos nas nosas beiras. Busque unha botella de 250 caixas de Dominio de Bibei, Lacima, feitos a man por Sara Pérez e o seu compañeiro e socio comercial (e pai dos seus nenos), René Barbier. Os viñedos escarpados e as condicións difíciles de cultivo de Ribeira Sacra son similares ás de Priorato. Se iso é demasiado caro para vostede, comprobe o Peza do Rei Mencía, que segue sendo unha ganga, ou Leira Míllara, que vén de saír ao mercado.

Desafortunadamente, a Mencía, a miúdo, mestúrase equivocadamente con outras uvas, particularmente Garnacha Tintorera, Garnacha Tinta (Alacante), Tempranillo, Cabernet-Sauvignon, Merlot, e María Ardoña (unha uva negra local de Valdeorras). Creo que a Mencía pode perder o seu atractivo, a súa frescura, toda a froita encantadora e os tons florais que a fan especial, cando está mesturada con estas outras uvas, especialmente co Merlot, que no canto de abrandar o viño, faino menos equilibrado e demasiado plano (sen gas ou sen animación), ou con Cabernet-Sauvignon, agregado por suposto para a estrutura, que endurece soamente á Mencía e fai dos viños resultantes, uns viños demasiado firmes e tánicos. ¡Por suposto, esa é só a miña opinión, e as mesturas de Garnacha existiron por máis anos que eu, así que quizais son un purista que adora un Mencía puro!

Por suposto continuarei gozando dunha botella fina de Montsant ou Priorato, unha proba do Toro ou de Ribera del Duero, un grolo aquí e alí de calquera D.O. de España, e un sorbo ou dous de jerez antes e logo da miña comida. Mentres continuo mirando e admirando o renacemento da vinificación, descúlpenme, viticultura, en España. Aprendín fai tempo que o viño pertence á mesa, coa comida, e os viños de España parecen ter unha afinidade incorporada para a comida, un sincronización natural, co alimento. Se isto é algo que aínda non experimentou , vostede, non sabe o que é beber o viño adecuado durante unha comida. A miña suxestión é que leve á súa cociña unha botella de Mencía e comprobe como revela capa sobre capa a súa complexidade ata que alcance os seus sentidos con pracer completo. despois? Cociñe o que lle inspira. Prometo, que independentemente do mencía que seleccione , a harmonía, a asociación, a combinación coa comida, non lle decepcionarán.

Esta uva, Mencía, cultivada nestas condicións, nestes lugares, e atendida con agarimo por esta xente, anhela ser consumida co alimento, e como tal, pode ser o viño máis versátil da súa adega, ou na súa carta de viños. Bo proveito!

O MISTERIO DA MENCÍA
Cal é esta uva tan máxica, Mencía? ? Cabernet franc, como moita xente tendería a crer? Non, a xenética probou definitivamente que non é Cabernet franc, aínda que algunhas persoas sosteñen que teñen certas semellanzas. De feito, a Mencía pode ata ser proxenitora do Cabernet Franc(a mesma uva en Portugal chámase Jaén), e plantouse probablemente nesta área desde época romana.

Para min o importante non é de onde veu a mencía, senón en que se converteu ou máis aínda, que pode ser nas mans correctas. Ao traballar coas vides vellas, cultivadas en chans de lousa/esquisto, en costas moi escarpadas, a gran altitude, con producións baixas, nun clima relativamente fresco, a Mencía ten a capacidade de producir viños fermosos ,profundos, escuros, con boa acidez, con tons florais de flores salvaxes e exóticas, froitas vermellas, negras e azuis, e os taninos suaves, redondos. Nestas condicións, neste tipo de clima, esta uva pode alcanzar unha complexidade asombrosa con índices de alcol máis baixos, mentres que aínda alcanza a madurez fenólica completa, que rende os taninos doces, maduros, pero ten un equilibrio perfecto de acidez no alcol moderado (imaxínese a súa flexibilidade para o alimento, e o potencial para envellecer!)


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.