Imprimir y PDF

Crecemento constante e sostido

A D.O. Ribeira Sacra despide o ano coa entrega dos premios de Aosta.

18/12/2009

Este venres ao mediodía entregáronse os premios da XVII edición do Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta. A entrega de premios coincidiu, como en anos anteriores, co xantar que todos os anos organiza polo Nadal o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Antes da entrega de premios, o Presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez, agradeceu a presenza dos máis de 120 asistentes e manifestou o seu desexo de volver a reunirse o vindeiro ano para celebrar tantos éxitos como os colleitados pola D.O. nos últimos anos.
Este 2009 foi un moi bo ano para D.O., crecemento constante e sostido. A colleita do 2008 tivo excelentes resultados no mercado, na crítica nacional e internacional e deuse unha consolidación da D.O. en mercados nos que se estaba empezando. A vendima deste 2009 deixou unha moi boa colleita, superáronse os 5 millóns de quilos de uva e a calidade foi moi boa, agárdase, polo tanto, que o vindeiro ano, traia para a Denominación de Orixe Ribeira Sacra tantos éxitos como este 2009. José Manuel Rodríguez desexaba, en nome do sector, que para o ano que ven, a colleita sexa similar á deste ano e que o tempo axude.

A cita deste venres era o punto e final a un ano no que a Denominación de Orixe triunfou no certame de Aosta. As autoridades presentes no acto encargáronse de entregar os premios a:

Na categoría de brancos (mención de honra): Almalarga 2008 da adega Pena das Donas S.L., subzona de Ribeiras do Miño e Viña Vella Diomondi da adega S.A.T. Virxen dos Remedios, subzona de Ribeiras do Miño.

Na categoría de tintos: a adega Don Ramón S.L. polo viño Don Ramón, subzona de Quiroga-Bibei (gran medalla de ouro) e a adega de Ramón Marcos Fernández polo viño Cruceiro, subzona de Amandi (medalla de ouro).

Nesta categoría recibiron mención de honra: Porvide da adega Manuel Mondelo Rodríguez (subzona Quiroga-Bibei), Pradio da adega Javier Seoane Novelle (subzona de Chantada), San Mamed da adega de Rosa María Pumar (subzona Quiroga-Bibei), Val do Frade da adega S.A.T. Os Ermitaños (subzona Quiroga-Bibei), Viña Regueiral da adega de José Rodríguez Prieto (subzona de Amandi) e Viña Vella Diomondi da adega S.A.T. Virxen dos Remedios (subzona de Ribeiras do Miño)


Na categoría de viños tintos producidos no 2007 e 2006 obtén mención de honra Don Ramón 2007 da adega Don Ramón S.L. (subzona Quiroga-Bibei).

O palmarés da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, este ano en Aosta, complétase co Premio Especial Cervim 2009 para Regina Viarum S.L. (subzona de Amandi). Este recoñecemento outórgase a unha adega por país e é o resultado da suma das puntuacións obtidas polos distintos viños que presente cada adega.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.