Raquel Arias, veciña de Proendos, concello de Sober. Licenciada en Xornalismo, hoxe ocupa o cargo de Delegada da Xunta na provincia de Lugo, logo de ser durante moitos anos alcaldesa de Sober, un dos concellos que integran a D.O. Ribeira Sacra. Defensora e impulsora da terra que a viu nacer, entende que Ribeira Sacra é viño e paisaxe, isto tradúcese nunha forma de vida.
Como definirÃa a relación de Raquel Arias con Ribeira Sacra?
Formo parte da Ribeira Sacra. A relación é de interdependencia como a da maiorÃa da xente de aquÃ. Non entendemos a vida sen vinculala ao viño, o viño convértese nunha forma de vida, ademais de ser a base da economÃa. O viño está relacionado con todo e é un dos alicerces do futuro da zona.
O ser filla de adegueiro, de que xeito inflúe na percepción que se poida ter sobre a zona e sobre o sector?
A miña familia, en orixe, non estaba vinculada co viño. A Denominación soubo aproveitar á xente de sempre, relacionada co viño, e atraer a nova xente, este foi o caso do meu pai e esta segue sendo unha das oportunidades da Denominación e xera esperanza de futuro, a capacidade para seguir atraendo xente cara ao sector do viño. Se penso en cando era nena, si asocio o mundo do viño co autoconsumo e con algo lúdico e festivo. Hoxe mantense algo disto, sobre todo en pequenas adegas familiares, pero, ao mesmo tempo, hoxe penso no viño de Ribeira Sacra como un sector de gran profesionalidade. O mérito é da Denominación, dos que estiveron desde o principio neste proxecto.
A evolución do sector do viño en Ribeira Sacra é evidente, pero en que consideración cre que o teñen os consumidores?
Nos últimos anos moitos crÃticos e expertos avalaron a calidade dos viños de Ribeira Sacra. Isto axudou a que moitos consumidores prestasen atención aos nosos viños, pero como consumidores aÃnda temos que crer máis nos viños de Ribeira Sacra, é unha tarefa de todos. Aproveito para facer unha chiscadela aos restauradores, sobre todo da provincia de Lugo, para que ofrezan o viño de Ribeira Sacra como primeira opción. Os restauradores deberÃan de telo máis nas súas cartas e promocionalo e os consumidores e polÃticos debemos de pedilo.
Temos mensaxe para os restauradores, que lle dicimos aos consumidores para que, efectivamente, pidan Ribeira Sacra?
Que vexan o viño atendendo á súa calidade e ás súas peculiaridades, que o saboreen e o valoren polo que é hoxe o viño de Ribeira Sacra. Detrás desa botella e desa etiqueta hai unha paisaxe, unha forma de cultivo, a cultura secular dun pobo,â?¦ O viño de Ribeira Sacra é máis que viño, nunha copa bebes todo un proceso, contribúes á sustentabilidade do medio, ao mantemento poboacional no rural, ao desenvolvemento económico,â?¦. Beber Ribeira Sacra é un privilexio porque, a maiores do anterior, estamos ante viños de excelente calidade, apoiados pola crÃtica nacional e internacional.
De que xeito a administración autonómica contribúe a botar unha man ao sector do viño en Ribeira Sacra?
Acábanse de financiar elevadores para salvar a dificultade do traballo no viñedo, hai subvencións para esta cuestión. Ademais contamos cun plan entre o Ministerio e a Xunta para accesos a viñedos. Medio Rural seguirá potenciando a Ribeira Sacra con axudas particulares a adegueiros e agricultores e con polÃticas que favorezan infraestruturas xerais para facilitar o traballo na viña.
E que vai pasar co sector do viño, con Iberdrola, co leito do Sil, co turismo?
Agora mesmo hai contactos entre Iberdrola e a Xunta de Galicia co obxectivo de causar o menor impacto posible. Sobre o viñedo non deberÃa de haber repercusión, outro tema é que algunhas adegas poidan sufrir danos colaterais, perdendo algo de mercado se se ve afectada a tradicional oferta turÃstica. Neste punto é fundamental pór todos os medios para que o catamarán continúe navegando, xa que o catamarán do Canón do Sil é un dos principais atractivos de Ribeira Sacra. Ã? algo ao que a xente está afeita e se o perdemos serÃa un dano para agora e para o futuro.
Para rematar, pódese entender Ribeira Sacra sen o viño?
Hoxe non. O nome está asociado tamén ao tema relixioso, aos mosteiros, igrexas, ermidas,... pero outra parte fundamental é a paisaxe e a paisaxe está condicionada polo cultivo do viño. A relación paisaxe viño é fantástica, temos que saber apreciala e facerllo ver aos demais.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España