Imprimir y PDF

�xito da web en inglés

Balance de visitas á web do Consello Regulador da D.O.R.S.

30/01/2010

A mediados do 2005 o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra presentaba a súa páxina web: www.ribeirasacra.org. A iniciativa tiña como principal obxectivo botar man das novas tecnoloxías para trasladar á maior cantidade posible de xente a información da Denominación.

A finais do 2008 a web incorporaba a posibilidade de consultala, xa non soamente en castelán, senón tamén en galego e inglés. A incorporación destes novos idiomas respostaba á necesidade de seguir abrindo o abano de posibilidades, chegar aos galegos no noso propio idioma e aproveitar o éxito da Denominación no extranxeiro trasladando de primeira man as novas da Denominación en inglés.

No ano 2009, o primeiro no que durante os 12 meses se puido consultar a web nos tres idiomas, contabilizáronse 320.000 usuarios que chegaron a visitar case 700.000 apartados da páxina web. A maior parte dos usuarios utilizaron a opción do castelán, pouco máis de 200.000. A segunda opción máis utilizada foi o inglés, con máis de 92.000 usuarios que visitaron a web neste idioma, o que da mostra, unha vez máis, das expectativas que a Denominación ven xerando dende hai tempo fóra das nosas fronteiras. En canto á opción do galego foi utilizada por 20.000 persoas.

No que levamos de ano, 20.000 usuarios teñen entrado na páxina web do C.R.D.O.R.S., case 16.000 escolleron o castelán, 2.000 o inglés e outros 2.000 o galego. Destaca o feito de que en 24 días estes usuarios teñen visitado máis de 60.000 seccións dentro da páxina. Quere esto decir que o visitante da web de Ribeira Sacra consulta máis dunha sección que pode ir dende o apartado de novas, referido estrictamente á información que xera a D.O. ata as novidades en lexislación, subvencións, feiras, certames e outras actividades que afecten ao sector. Pódese obter información de todas as adegas da D.O., consultar o diccionario do viño e, entre outras cousas, repasar algunas das aparicións da D.O. nos medios de comunicación.

A web pretende ser unha ferramenta de promoción e de información cara o exterior, pero tamén un espazo no que os propios adegueiros e viticultores poidan estar ao día en cuestións relacionadas co sector: concursos, feiras, subvencións, congresos, oportunidades de exportación,�.

O interese que ano tras ano esperta a Denominación de Orixe Ribeira Sacra confírmase, entre outras cousas, coa media mensual de seccións visitadas na súa web. No 2005, ano da posta en marcha da web visitáronse algo máis de 1.000 seccións por mes e no que levamos de mes de xaneiro son xa máis de 60.000 as seccións visitadas.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.