Imprimir y PDF

Acompañado do importador británico, Anthony Sarjeant

Gerry Dawes na Ribeira Sacra

09/02/2010

O norteamericano Gerry Dawes, escritor (de viños) e fotógrafo, leva máis de 30 anos achegándose a España para coñecer a súa paisaxe, gastronomía e viños. Nesas visitas periódicas, punto de referencia adoita ser a Ribeira Sacra. Cando no pasado ano, Gerry Dawes visitaba estas terras afirmaba nun medio de comunicación:? Ribeira Sacra teno todo para repetir cos seus tintos a revolución que se produxo en 1989 no Priorato, coa ventaxa de que estamos nunha rexión atlántica con condiciones similares aos grandes viñedos franceses.?
Neste mes, Gerry Dawes, acompañado dun importador británico, Anthony Sarjeant, voltou a achegarse a Ribeira Sacra. Xunto con representantes do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra visitaron varias adegas da D.O. para coñecer de primeira man os resultados da pasada colleita. Asegura Gerry Dawes que percibe unha mellora nos viños e que algúns dos catados son susceptibles de introducirse nos mercados extranxeiros. Cada vez que Gerry Dawes ven a España procura achegarse á D.O. Ribeira Sacra, explica que lle gustan os viños e lle gusta a zona. Insiste, como en anteriores visitas, en que hai potencial e que en moitos casos, xa se ven excelentes resultados, agora é importante que adegueiros, viticultores, consumidores,?. crean en confíen nos resultados do traballo que se fai aquí.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.