Imprimir y PDF

"...mirar cara o campo para obter rendementos de futuroâ?

â??A provincia ten que facer o que fixo Ribeira Sacra co viño,..."

20/02/2010

José Ramón Gómez Besteiro, natural de Lugo, é Licenciado en Dereito, vinculado á política desde a década dos 90 foi deputado provincial e hoxe compatibiliza o ser concelleiro no concello de Lugo, coa Presidencia da Deputación Provincial de Lugo. Excelente conversador e político convencido das posibilidades da provincia. Entende que este territorio está cheo de potencialidades e recursos, entre os que Ribeira Sacra é unha peza fundamental.


Desde cando coñece Ribeira Sacra e como foron eses primeiros contactos?
Meu pai era de Portomarín, así que desde neno teño relación coa Ribeira Sacra e co viño. Daquela, cando meu pai probaba o viño dicía que era un viñazo. Por suposto, agora faise moito mellor. En todo caso a miña relación con Ribeira Sacra viuse incrementada desde que cheguei á Deputación. O que máis me chama a atención é a paisaxe, a capacidade de sorprender que ten cada espazo de Ribeira Sacra e como varía dunha estación a outra.

Cando a D.O. comenzou a súa andaina creu que se podía chegar a onde está hoxe?
� difícil de dicir. Entendo que os inicios se fixeron con ilusión e hoxe a D.O. funciona ben porque se segue traballando con esa ilusión. Ilusión renovada ao ir conseguindo cousas e creando novos retos. Nestes momentos de crise a provincia de Lugo ten que facer un pouco o que fixo Ribeira Sacra co viño, hai que mirar cara o campo con outro tipo de visión e para obter rendementos de futuro.

Os viños de Ribeira Sacra están traspasando fronteiras, como repercute eso na provincia de Lugo?
Escoitar falar dos viños de Ribeira Sacra fóra de Galicia dálle caché á provincia de Lugo, é importante e confírelle prestixio. Outro tanto acontece co leite, coa carne ou co queixo. A idea xeral entendo que é traballar desde a unidade, os recursos aillados non serven de nada, hai que potenciar un proxecto común. Ver que potenciando unha zona se repercute na do lado e á inversa. Hai que aproveitar todo o que temos, facer un paquete exclusivo e único.

Se miramos cara o futuro, como ve a D.O., como ve á provincia de Lugo?
Nun tempo no que o medioambiente, a natureza, a sostenibilidade,� están adquirindo tanta importancia, a provincia de Lugo ofrece todas as posibilidades a este respecto. Parte importante do noso territorio é reserva da biosfera, temos a Mariña, Terra Cha, Os Ancares, O Caurel e, por suposto, Ribeira Sacra. Temos os recursos que a xente busca hoxe no turismo. Por exemplo, unha adega é unha economía apoiada no medioambiente e na sostenibilidade. Son valores que hoxe a sociedade quere.

As administracións fan o suficiente por impulsar estas ideas para que sexan realidades?
Sempre se pode facer máis. No caso da Deputación Provincial temos iniciativas que a xente pode ver como pequenas cousas, pero sumadas dan un impulso importante á provincia e á Ribeira Sacra. Por exemplo: colaboramos na financiación das feiras do viño en Ribeira Sacra, o programa km 0 move á xente para crear idea de provincia, os lucenses temos que coñecer a nosa provincia e saír dela e falar dela. Quenes participan do programa pasan un día en Ribeira Sacra e beben o viño, falan cos amigos e coa familia do viño, da zona,� incitan a outros a vir e volven eles. A opción de Ribeira Sacra é a máis demandada das rutas do Km0 e desde a súa posta en marcha ata xuño deste ano terán pasado por Ribeira Sacra unhas 5.300 persoas. As actuacións de cooperación con comunidades veciñais, tamén teñen repercutido positivamente porque se fan infraestruturas rurais nos lugares nos que se asentan adegas e viñas. A devolución do canon dos encoros aos concellos é outra forma de apostar polo que digo. Todas estas cousas illadas, sumadas, son moito e fan moito.

Adoita beber viño, nese caso, bebe viño da Ribeira Sacra?
Bebo viño ocasionalmente, pido viño da Ribeira Sacra, pero tamén outros viños. Sí me gusta, cando estou fóra, interesarme por se hai viño de Ribeira Sacra, que viños teñen, por que os teñen,â?¦ Ãs veces non é doado dar con viño da Ribeira Sacra nos restaurantes, nin fóra nin dentro de Galicia.

E como observador, a xente pide viño da Ribeira Sacra?
Vexo de todo, xente que sí e xente que non. Aínda queda un residuo dese pensamento â??o de fóra é mellor que o propioâ?, estase deixando de pensar así, pero aínda queda traballo. Nese ánimo a Deputación variou os agasallos institucionais, agora son produtos propios: queixo, viño,.. Son produtos que non compiten entre sí, compleméntanse e poñen en valor o noso e o noso campo. Temos que estar orgullosos desto e volver a mirar cara o campo.

Como vendería o viño da Ribeira Sacra, que diría del?
Como dicía meu pai, hai moitos anos, diría que é un viñazo. Hoxe sí o é. Hai que seguir avanzando no camiño xa iniciado e desenvolto Consello Regulador da Denominación de Orixe e o obxectivo inmediato entendo que debe de ser seguir traspasando fronteiras. Como promoción de conxunto, xa non soamente de Ribeira Sacra, senón de toda a provincia, teño que dicir que, este ano, dentro da iniciativa LugO2 ímoslle a lembrar á xente que a nosa provincia ten mar. Imos a utilizar un barco no que trasladar por toda España as nosas excelencias medioambientais e os nosos produtos. Temos unha provincia chea de contrastes: a Mariña, a Terra Cha, Os Ancares, O Caurel e Ribeira Sacra. Imos a facer unha campaña por toda España para que a xente nos coñeza e saiba o que hai aquí e Ribeira Sacra vai a ter un papel fundamental neste proxecto.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: