Imprimir y PDF

Val da Lenda, Guímaro y Dominio de San Xiao, os mellores da Feira do Viño de Amandi

WINE IN MODERATION , O MAIOR DOS COMPROMISOS ASINADOS

18/04/2011

Parece ser que o compromiso asinado a iniciativa da Asociación de Sumilleres de Galicia GALLAECIA , FIVIN (Fundación para a Investigación do Viño) e Federación Española do Viño é, ata o momento, un dos compromisos onde máis asociacións e Consellos Reguladores xuntaron esforzos na defensa do mundo do viño que tanto se esforzan determinados sectores en demonizar.
A importancia desta firma débese ao respaldo de todos os Consellos Reguladores das D.O. galegas do viño: Ribeira Sacra, Monterrei, Ribeiro, Valdeorras e Rias Baixas así como por parte da AGC ( Asociación Galega de Catadores) e AGV (Asociación Galega de Viticultura). O mundo do Viño Galego comprometeuse como elemento cultural e patrimonio da sociedade.
A través de investigacións científicas demostrouse o papel do viño e os seus efectos saudables, bebido con responsabilidade e como integrante da dieta mediterránea.
Sen dúbida é fundamental o papel educacional de todas estas institucións e organismos facendo entender á sociedade que só a formación combate a desinformación.

Información facilitada pola Asociación de Sumilleres Gallaecia.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: