Imprimir y PDF

En abril cita en Gourmets

O C.R.D.O.R.S. está presente en Alimentaria

22/03/2010

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra está presente en Alimentaria. Desde hoxe ata o 26 de marzo os asistentes a este Salón Internacional da Alimentación e Bebidas, un dos máis importantes do mundo, poderán coñecer algo máis sobre a D.O. En cada edición, Alimentaria recibe uns 130.000 visitantes e chega a acoller a 4.000 empresas. Ademais do stand do Consello Regulador, a Denominación está representada por algunhas adegas que acoden a título particular.
Alimentaria abre a posibilidade de que a D.O. traspase fronteiras para distribuidores e comercializadores e axuda a consolidar mercado en España. A participación neste tipo de actividades serve tamén para reforzar a imaxe de marca, xerar novos clientes e fidelizar aos que xa se ten.
Entre as actividades a desenvolver en Alimentaria destaca a presentación o día 23 da D.O. Ribeira Sacra nun acto no que o viño estará acompañado por I.X.P. Ternera Gallega e por outros produtos protexidos de Galicia.

Tras Alimentaria, a seguinte cita será en Gourmets, en Madrid, entre o 12 e o 15 de abril.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.