Imprimir y PDF

José Luis Baltar, Presidente da Deputación de Ourense

â??O viño da Ribeira Sacra bébeno os benaventurados nos días de Pascua.â?

27/03/2010

José Luis Baltar, natural de Esgos, provincia de Ourense, é desde o 90, Presidente da Deputación Provincial de Ourense. Exerceu de mestre en Nogueira de Ramuín (Ribeira Sacra) nos anos 60 e 70, daquela namorouse da paisaxe e do viño. Hoxe defende este territorio e confésase amante dos seus viños. Con dilixencia, sinceridade e sentido do humor fixo este achegamento a Ribeira Sacra, insistindo na necesidade de que hai que estar orgulloso do propio.

Como era Ribeira Sacra nos seus anos mozos?
Cando eu vivín no concello de Nogueira de Ramuín, non se sabía que era Ribeira Sacra. Máis tarde comezamos a escoitar falar de Ribeira Sacra, entón empezas a apreciar a beleza paisaxística e monumental e percíbela como a xoia que é Ribeira Sacra. Todos na provincia somos defensores da Ribeira Sacra e atreveríame a dicir que é o máis bonito do mundo.

Que Ribeira Sacra teña parte do territorio na provincia de Ourense e outra parte na Provincia de Lugo, une ou separa?
Une. A Ribeira Sacra é unha unidade en sí mesma. O río Sil utilizouse para marcar un límite, pero é meramente administrativo. A Ribeira Sacra é común para Lugo e Ourense e penso que Lugo está orgullosa da parte da Ribeira Sacra ourensá e Ourense da parte da Ribeira Sacra de Lugo.

En Ourense hai 4 Denominacións de Orixe vitivinícolas, a que se debe tanto viño nesta provincia?
eríase pensar que somos bos bebedores de viño, pero eu creo que somos, sobre todo, bos cultivadores. Os nosos viños son resultado do excelente traballo dos viticultores e adegueiros. Por exemplo na Ribeira Sacra a tradición xa ven dos romanos, imaxínate se ten historia este viño. O tema de cultivo polos romanos vincúlase, principalmente, á zona de Lugo, creo que a Ribeira Sacra de Lugo está mellor dotada para a viticultura, polo clima, a orientación,�. Así saen eses viños excepcionais. Pero todos os viños de Ourense teñen calidade, todos teñen o seu punto, dependendo do que busque o consumidor, pódeo atopar nos viños que producen as distintas D.O. da provincia de Ourense.

Nos anos mozos, cando vivía en Nogueira de Ramuín, bebía o viño que se facía na Ribeira Sacra?
íao e sabíame ben, asócioo a moi gratos recordos. O que non fixen foi cultivalo, ocasionalmente botaba unha man na recollida de uva, durante a vendima. Non subía os socalcos, cargado, como facía toda a xente, eu cortaba algún acio e levaba de beber aos vendimadores.

Cómo calificaría o traballo dos vendimadores na Ribeira Sacra?
raballo vitícola en Ribeira Sacra confírelle ao viño un plus especial. � esforzo e sacrificio, o que se denomina viticultura heroica. Agora algunhas viñas teñen os montacargas que facilitan un pouco o traballo, pero séguese camiñando por eses socalcos que eu chamaría, barrancos. Polo esforzo do cultivo neste tipo de territorio o litro de viño da Ribeira Sacra deberíase de pagar 12 veces máis.


Cando no 96 se creou a D.O. poderíase pensar no que hoxe é?
o que sí, porque este viño xa se fai desde a época dos romanos. Coa D.O. engádese un traballo serio e profesional, búscase a calidade máis que a cantidade. � un bo labor e creo que o futuro é extraordinario.

Cando sae a tomar un viño, que viño pide?
o Ribeira Sacra, porque me gusta o mencía, gústame o viño tinto. Creo que foi un gran acerto escoller esta uva.

� fácil atopar viño da Ribeira Sacra?
Ourense non hai problema nese sentido e por Madrid, Barcelona,â?¦
eu atopo viños da Ribeira Sacra. Non hai sitio que se precie que non teña viño da Ribeira Sacra. Cada vez están máis extendidos. Hai unha cousa: se a quen lle gusta o pide en lugares que non o teñen, estes establecementos terán que facerse con el. Depende de todos aos que nos gusta este viño, o promocionalo.


Promocionalo pedíndoo e dicindo que?
é un viño de deuses. Xa os romanos estaban de acordo con esto e mellorouse moito cos anos. O viño da Ribeira Sacra bébeno os benaventurados nos días de Pascua.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.