Imprimir y PDF

A D.O. está presente esta semana en Gourmets

A D.O, Ribeira Sacra acolle a celebración da Asamblea da CECRV

12/04/2010

Os días 16 e 17 de abril os Consellos Reguladores Vitivinícolas de España reúnense na Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Para o Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez, é moi importante ser anfitrións desta actividade. Da Asamblea participarán 35 Consellos Reguladores, dos 50 adheridos á C.E.C.R.V. e serán un cento de persoas as que durante dous días coñezan algo más da Ribeira Sacra. Será unha das asambleas más concurridas das que cada semestre celebra a C.E.C.R.V., segundo José Manuel Rodríguez, esto significa que Ribeira Sacra esperta grande interese e supón un atractivo especial para o sector en España.
Para o Presidente do C.R.D.O.R.S. a Asamblea supón dar a coñecer a casa dun e sirve para promocionar non soamente o viño, senón tamén o territorio.

Puntos de referencia durante estes dous días serán algúns dos espazos emblemáticos de Ribeira Sacra, o Centro do Viño da Ribeira Sacra e Santiago de Compostela, a onde os participantes viaxarán o día 17 pola mañá, aproveitando a celebración do Ano Santo Xacobeo.

A reunión de traballo da Asamblea centrarase en temas como as previsións da Unión Europea para liberalizar as novas plantacións de viñedo, cuestión coa que os Consellos Reguladores Españois non están de acordo.

O programa da Asamblea presentábao José Manuel Rodríguez en rolda de prensa, e aproveitaba para trasladar como van as vendas dos viños da D.O. A estas alturas de ano lévase embotellado máis viño que neste mesmo momento, o pasado ano, rondando 1.400.000 litros. A tendencia é de incremento de vendas e estabilidade.

Como complemento a esta actividade, a D.O. Ribeira Sacra está presente durante esta semana en Gourmets.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.