Imprimir y PDF

20 adegas reciben as medallas de HG&T

27/11/2018

Unha vintena de adegas de Ribeira Sacra recibiron as medallas da revista HG&T pola calidade dos seus viños entre 2013 e 2017.

A entrega destes diplomas certifican que obtiveron algunha medalla de ouro ou prata nas catas celebradas neste quinquenio, demostrando que seguiron apostando pola calidade nun período de plena crise.

O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, fixo de mestre de cerimonias. Os premios foron entregados por Guillermo Campos, fundador de revista Hostalería Galega e Turismo; María Campos, directora da publicación, e  Victoriano Castro, director comercial.

A cerimonia vén sendo a segunda parte, desenvolvemento, da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia celebrada no Carballiño na primavera, na que foran proclamadas esas distincións.
Naquela ocasión, como se lembrará, fíxoselle entrega aos consellos reguladores e entidades   asimilables representantes dos colectivos produtores, as certificacións acreditativas dos podios conseguidos polos seus representados.

A entrega dos diplomas da Ribeira Sacra forma parte dun completo calendario no que se entregaron as distincións ás máis de 300 marcas distinguidas durante estes anos.

No primeiro trimestre do próximo ano,  HG&T anunciará a convocatoria da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia 2019, na que se proclamarán os podios das catas celebradas ao longo de 2018, coa que finalizarán as celebracións do XXV aniversario da fundación e edición ininterrompida da revista  sectorialmente hexemónica no cuadrante noroeste peninsular.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.